+ 34 981 508 142

REPARTO DE TRAMPAS E ATRAENTES CONTRA A VESPA VELUTINA

23 de febreiro de 2018

Dende a Consellería de Medio Rural anunciaron que iniciarán o reparto dende as Oficinas Agrarias Comarcais a última semana de febreiro, pero temos coñecemento que nalgunhas oficinas xa o estiveron repartindo esta semana. Enviarán unha carta a tódolos apicultores e apicultoras rexistrados.

A entrega do material para realizar o trampeo preventivo farase en todos os concellos onde haxa presenza de Vespa velutina, constatada de forma oficial, durante o ano 2017. Naqueles concellos onde xa se entregaron trampas o ano pasado, só se repartirá atraente.

O número de trampas vai seguir a distribución de tempadas anteriores baseado no ratios de trampeo establecidos no documento do MAPAMA ESTRATEGIA DE GESTIÓN, CONTROL Y POSIBLE ERRADICACIÓN DEL AVISPÓN ASIÁTICO O AVISPA NEGRA (Vespa velutina ssp. nigrithorax) EN ESPAÑA:

• 1 trampa en colmeares de ata 10 colmeas.

• 2 trampas en colmeares de ata 25 colmeas.

• 3 trampas en colmeares de ata 50 colmeas

. 4 trampas en colmeares de máis de 50 colmeas

En canto ao líquido atraente, a previsión é dotar coas cantidades necesarias para a cobertura total da tempada de trampeo, estimada entre a segunda quincena de febreiro ata mediados de maio. Realmente entregarase atraente suficiente para cubrir un período maior ao esperado de primavera en previsión de que por cuestións climáticas ou doutro tipo sexa necesario un remprazo máis frecuente que o recomendado polos fabricantes.

Este ano vanse repartir trampas de dúas marcas comerciais segundo os rangos de temperaturas medias dos distintos concellos xa que Vetopharma ten limitada a súa efectividade con temperaturas baixas. Entregaremos polo tanto Avispaclac e Vetopharma en función deste criterio.


Voltar