+ 34 981 508 142

Reparto de material Stop Velutina nas DAGAs

1 de marzo de 2016

O 20 de febreiro en Arzúa comezou o programa de AGA Stop Velutina, que consiste na captura masiva de raíñas fundadoras na primavera e a investigación de novos e mellores métodos de prevención e eliminación da avespa asiática.

Xa se repartiron trampas e atraíntes para preto de 200 apicultores e prevemos que poidan participar uns 500, polo que continuaremos co reparto do material a través das Delegacións de AGA. Para iso ós socios e socias que queiran participar terán que facer un pedido a través dunha DAGA.

Información para participar:

Nº de trampas e atraíntes a recoller por socio/a: 1 trampa / 10 colmeas e 6 doses de atraínte / trampa

Período de colocación das trampas: De marzo a xuño

Renovación do atraínte: Cada 2 semanas aprox.

Prezos:

Trampas a 1 €
Atraínte monodose a 0,20 €
Atraínte en botella  100 doses a 9 € (só para apicultores de máis de 100 colmeas)

Reconto das velutinas recollidas nas trampas:

Os participantes do programa ó mercar estes materiais comprométense coa Asociación Galega de Apicultura a contar os exemplares de Vespa velutina atrapados nas trampas cada 2 semanas e a enviar os datos solicitados por AGA durante o estudio, según as instruccións que recibirán por email ou por teléfono. Tamén se poden incluir os datos doutras trampas utilizadas fora do programa.

Condicións de participación:

Ser socio/a de AGA e enviar a solicitude que se adxunta á delegación onde queira recoller o produto antes do día 10 de marzo.

Contacto coas DAGAS para pedidos e recollida do produto:

Algunha das delegacións indica o lugar e data da recollida, as demais poñeranse en contacto cos socios/as para indicar onde e cando poderán recoller o produto.

DAGA Carballo – Delegado Paco Graña. Email: dagabergantinhos@gmail.com. Tel. 646 421 019. Data e lugar de recollida: 18 de marzo ás 20.30 no Pazo da Cultura de Carballo.

DAGA Celanova – Delegado José Fernández. Email: celanovafernandez@hotmail.com

DAGA Coruña –Delegado Manuel Gutiérrez. Email: mgutierrezs@dragados.com. Data e lugar de recollida: 18 de marzo de 18 a 21 h. no Bar Lorenzo (R/ Monte das Moas, 7 baixo. Tel. 981 13 01 70).

DAGA Eume – Delegado Manuel Ferreira. Email: dagaeume@gmail.com. Tel. 661 003 616. Data e lugar de recollida: 20 de marzo de 16 a 21 h. na Casa do Mel de Goente (As Pontes).

DAGA Ferrol – Delegado Rafa Díaz. Email: dagaferrol@hotmail.com. Tel. 661 378 960 (chamar de 15:30 a 22 h.). Data e lugar de recollida: 19 de marzo ás 11 h. en R/ San Salvador, 41 Ferrol.

DAGA Mondoñedo – Delegado José Luis García. Email: meldefigueiras@gmail.com. Tel. 650 32 37 03

DAGA Morrazo – Delegado José Mª Bello. Email: dagamorrazo@hotmail.com. Tel. 659 843 311

DAGA Ortegal – Delegado Manuel Rodríguez. Email: agaortegal@yahoo.es

DAGA Ourense – Delegada  Susana González. Email: trasalba@gmail.com

DAGA Rías Baixas – Delegado Moncho Suárez. Email: daga.riasbaixas@gmail.com. Tel. 620 822 229.

Máis información:

AGA – Asociación Galega de Apicultura
Email: info@apiculturagalega.es (Para información sobre o reparto)
Email: velutinaengalicia@hotmail.com (Para envío de datos sobre o reconto de velutinas)
Tel. 981 589 534 / 981 508 142
Web: www.apiculturagalega.es

…………………………………………………………………………

FICHA SOLICITUDE DE MATERIAL:

Programa STOP Vespa velutina
Captura de raíñas fundadoras na primavera 2016

(Enviar á DAGA antes do 10 de marzo)

DATOS PERSOAIS

Nome e apelidos:                                 

Teléfono:                                                   

Email:

DATOS TRAMPAS

Número de colmeas:

Número de trampas que compra coa axuda do programa:

Número de monodoses de atraínte que compra coa axuda do programa:

DECLARACIÓN RESPONSABILIDADE

Entendo a responsabilidade que adquiro coa Asociación Galega de Apicultura ó mercar estes materiais e me comprometo a contar os exemplares de Vespa velutina atrapados nas trampas cada 2 semanas e a enviar os datos solicitados por AGA durante o estudio.


Voltar