21 de decembro de 2015
A cooperativa Erica Mel vai facer próximamente un pedido de material apícola da empresa ANEL de Grecia.
Ofrecemos ás persoas interesadas a posibilidade de reservar material para recoller en febreiro no Día do Apicultor en Arzúa. O obxectivo desta reserva é para ter unha previsión o máis exacta posible do material que necesitaremos, xa que a distancia e o gasto do transporte limitan as posibilidades de facer varios pedidos ó longo do ano. Deste xeito aforraremos en gastos e os socios e socias que fagan a reserva asegurarán o material que soliciten.
Máis información e pedidos: cooperativa@ericamel.es ou tel. 981 508 142 antes do 15 de xaneiro de 2016.
PREZOS
Fondos de rede a 10,00 €
Cadros alza sen cera a 1,80 € e con cera a 2,30 €.
Cadros ½ alza sen cera a 1,50 € e con cera a 1,90 €.
Entretapa e alimentadores transparente a 10 €
Entretapa e alimentador a 7,00 €
Alza sen cadros a 18 €
Colmea con cadros sen cera a 65 € e con cadros con cera a 70 €.
* Prezos orientativos, poden variar en función do coste do transporte.