+ 34 981 508 142

Resposta do Governo á consulta de En Marea sobre os praguicidas e a velutina

31 de maio de 2017

O pasado 29 de maio, o governo respondeu á consulta realizada polo Grupo Político En Marea-En Común Podem-Podemos sobre a invasión da especie exótica invasora Vespa Velutina  e a utilización dos praguicidas neonicotinoides.

Neste enlace pódese descargar o documento: Resposta do governo á consulta de En Marea

En relación ós praguicidas, o governo, a través do Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, explica que está agardando á revisión que está realizando na actualidade a EFSA, Axencia Europea de Seguridade Alimentaria, sobre os tres principais neonicotinoides tóxicos para as abellas e a saúde humana: tiametoxan, imidiacloprid y clotianidina. En base a esta información valorará se apoiar ou non a proposta da Unión Europea de prohibir o uso destas sustancias, coa excepción dos invernadoiros.

Por outra banda, refírese á problemática da Vespa velutina indicando que efectivamente está sendo un problema grave, pero que o seu impacto económico é de difícil cuantificación por non poder aillar este impacto doutros factores (enfermidades, clima, fitosanitarios...). A preocupación do governo, afirman no documento, está demostrada coa elaboración de Estratexia de Control e a creación dun grupo de traballo específico, así como a inclusión dentro dos obxectivos do Plan Apícola Nacional 2017-2019 de desenvolvemento de métodos para limitar o seu efecto. Informa tamén que está en contacto coas Comunidades Autónomas afectadas e que son éstas as responsables nas accións de xestión de control de especies exóticas.

Despois desta resposta, dende AGA estaremos moi pendentes da información que emita a EFSA e presionaremos para que a decisión do governo sexa a de apoiar a prohibición dos principais neonicotinoides, que consideramos completamente necesaria por ser os causantes da elevada mortantandade das abellas nos últimos anos. En canto á praga da velutina, a Plataforma Stop Velutina seguirá presionando para que esa preocupación que amosa o governo sexa trasladada efectivamente á accións reais, tanto de investigación para erradicar ou reducir os efectos da praga así como de compensación de danos, asuntos que consideramos están sendo tratados na teoría por parte das administracións competentes pero insuficentemente levados á práctica a través de asignacións orzamentarias e plans de actuacións específicos.

Seguiremos en contacto co grupo político de En Marea-En Comun Podem-Podemos, que se ofreceu a reunirse coa Plataforma Stop Velutina e con AGA, así como cos demais grupos políticos.

 


Voltar