+ 34 981 508 142

Resume sobre a Asamblea da CODACC en Xixón

Os días 23 a 26 de marzo tiveron lugar as Xornadas sobre a Vespa Velutina no Xardín Botánico de Xixón. Estas xornadas tiveron como obxetivo a divulgación e concienciación da sociedade e das institucións acerca dos riscos que supón a chegada e expansión do tártago asiático ou de patas amarelas na Cornisa Cantábrica.

AGA trasladouse a Xixón para participar na asamblea anual da CODACC do sábado 25 e nas actividades e charlas organizadas para o domingo, donde intervimos como ponentes.

RESUMO DA ASAMBLEA XERAL DA CODACC

Sábado 25 de Marzo. 10:30h en primera convocatoria, 11h en segunda convocatoria.

Asisten membros de Asociacións apícolas procedentes de: Asturias, o Bierzo, Álava, Bizcaya, Cantabria e Galicia, en total 11 Asociacións presentes.

Asuntos tratados:

1. A Asamblea xeral ordinaria da CODACC queda fixada para o mes de marzo, cumplindo así cos Estatutos da CODACC que establecen que a mesma se celebrará durante o primeiro trimestre de cada ano. A Asamblea extraordinaria será en Cantabria coincindo coas Xornadas Apícolas de Torrelavega no mes de outubro, e será aquí onde se decida o lugar de celebración da seguinte Asamblea xeral ordinaria.

2. En canto as contas, a CODACC a data 18/03/2017 tiña 1.819,95 euros. Acordouse aportar 500 euros para a celebración das Xornadas de Xixón. A exposición gráfica sobre a Velutina que alí se presentou é itinerante e aberta a posibilidade de facerse noutras cidades.

3. Aprobáronse por unanimidade na Asamblea Extraordinaria celebrada o día 22 de outubro de 2016 a memoria, as contas e balances do ano 2016.

4.

a) En canto a Vespa Velutina:

- Dende AGA presentamos a iniciativa da "Plataforma STOP Vespa Velutina" para solicitar á Consellería de Medio Ambiente á asunción das competencias que lle corresponden, por entender que a Vespa velutina non é cuestión exclusiva de Medio Rural.

As outras asociacións estiveron interesadas en recibir o "Documento de mínimos" que recolle estas peticións, elaborado por AGA e máis a carta de presentación da Plataforma. En cada rexión van constituir unha Plataforma análoga e despois a idea e levar esta iniciativa a nivel conxunto ante o MAGRAMA.

- En todas as rexións seguen coas charlas divulgativas, obradoiros sobre o trampeo primaveral etc. Neste sentido fixéronse 30.000 trípticos sobre a velutina para repartir entre os socios e socias.

- AGA presentou a constitución do Grupo Operativo de Innovación para a realización do estudo teórico sobre a Trampa Eléctrica para a Vespa velutina. Quedamos tamén en compartir os resultados finais do estudo, que estarán no mes de xullo de 2017.

- Dende Euskadi presentaron o seu proxecto investigador a fin de determinar o impacto económico da Vespa velutina nos apiarios, contabilizando perdas asociadas a baixas de colonia, lucro cesante, limpeza, transporte... Que valoramos moi positivo a fin de determinar os custos da velutina para poder facer reclamacións posteriores, como a relativa a subvención dos enxamios a través da subvención de cría de razas autóctonas. Tamén compartirán os seus resultados connosco.

b) O convenio coa Fundación Oso Pardo. O obxetivo e fixar unha tarifa única indemnizatoria polos danos causados nos colmeares polo oso, xa que existen valoracións autonómicas dispares. A Asociación "Promiel" quedou encargada de ver todas as tarifas que existen a fin de determinar e solicitar unha única.

c) Campaña "Etiquetaxe clara" Como sabedes a Comisión de Agricultura do Parlamento Galego aprobou esixir ao Ministerio de Agricultura a obriga de indicar na etiquetaxe do mel o país ou países de orixe do mesmo. Máis información.

Tamén se quedou en aprobar un código de boas prácticas na etiquetaxe do mel en consonancia cos Estatutos da CODACC, como un código ético encamiñado a fomentar entre os socios e socias da CODACC unha etiquetaxe clara e transparente.

e) Asesoría Xurídica de Laura García, asesora de AGA. Foi un punto xa tratado na anterior asamblea de outubro. Ofrécese a labor de asesoría e información xurídica relativa a apicultura que realiza Laura en AGA ao resto de asociacións e a mesma CODACC. Calquera asociación interesada no seus serivizos pode contactar con ela través da CODACC que xa dispon do seu contacto e guía dos servizos que presta en Galicia.

f) Día da Abella en distintas rexións. Galicia presenta a súa iniciativa de facer un Día da Abella en distintas comarcas, as restantes asociacións fan o mesmo, e quedamos en enviar a información sobre esta xornada á CODACC para compartir a información sobre os distintos eventos a celebrar o 20 de maio nas distinas cidades da Cornisa.

g) Trashumancia: ponse de manifiesto a necesidade de establecer un Plan Sectorial Nacional sobre a trashumancia que regule o establecemento dos grandes trashumantes no norte. A Asociación de Apicultores do Bierzo relata as súas experiencias e di que os concellos, por lo menos na súa zona, teñen moito que decir pois son quenes autorizan aos trashumantes a asentarse nas zonas.

h) Acórdase continuar coa campaña contra o fracking e tamén na loita contra o uso dos praguicidas neonicotinoides. Unha boa forma de facelo e través da organización "Bee Life" na que AGA participa como socia. Ofrecémonos a ser o enlace con esta organización.

5. Renováronse os cargos da Xunta Directiva:

Presidente: continúa Carlos Valcuende (Cantabria)

Vicepresidente: continúa Jose Luis Basagoiti (Bizcaya)

Secretario: continúa Francisco Javier de Celis (Cantabria)

Tesoureira: elíxese a Arantxa (Álava)

Vogais: elíxense a Esther (Burgos) e máis a Laura (Galicia)
 

6. Como último punto quedouse en que cada asociación integrante da CODACC enviará o seu relatorio de actividades antes da Asamblea Extraordinaria de outubro.

Conclusións da CODACC sobre as Xornadas de Xixón


Voltar