+ 34 981 508 142

Reunión de AGA coa Consellería de Medio Ambiente

AGA solicitou o 3 de xaneiro á Consellería de Medio Ambiente a celebración dunha reunión para tratar o tema da Vespa velutina. Tivemos contestación en marzo e acudimos á Consellería o día 31. Introducíronse os puntos básicos do documento de mínimos sobre á asunción de competencias sobre a velutina por parte da Consellería de Medio Ambiente, a saber: 1)impulsar a investigación 2)potenciar a loita preventiva na primavera, compra de trampas 3)a necesidade dun organismo único 4)a labor de divulgación social.

Conclusións:

  • Esta Consellería ten un convenio coas Universidades de Santiago e de Vigo, dos que só falta asinar polos reitores,  para investigar a Vespa velutina. Formaranse grupos que comezarán a traballar de inmediato. Tan pronto estea asinado van informarnos para ver as nosas propostas de investigación.

  • En canto á nosa petición de que esta Consellería compre e distribúa máis trampas, responden que esta é cousa de Medio Rural, ao que AGA alegou que non é que foran insuficientes se non que hai que extender o trampeo, actuamente só desempeñado polos apicultores e apicultoras. Falarán con Medio Rural e informarannos.

  • No  tema de divulgación e concienciación, AGA fixo un cartaz (xunto co Sindicato Labrego Galego) para difundir o método do trampeo na primavera. Pedímoslle que difundiran esta información a través dun encarte na Voz de Galicia, cousa que non lles pareceu a mellor opción. Nós estamos dándolle difusión ao cartaz pola nosa conta e tamén llo mandamos a eles para que fagan a súa difusión.

Documentos informativos sobre a Vespa velutina elaborados pola Plataforma Stop Vespa velutina.


Voltar