+ 34 981 508 142

SEGURO APÍCOLA 2018

12 de xaneiro de 2018

Xa se pode contratar o seguro de colmeas para este ano 2018. A póliza colectiva de AGA remata o 7 de febreiro, polo que os socios e as socias que queiran renovalo teñen que comunicalo na asociación. Lembramos que non se renova automaticamente; polo tanto, hai que comunicar a renovación aínda que xa se fixera o ano anterior.

Trátase dunha póliza multirrisco que cobre responsabilidade civil e danos nas colmeas (roubo, incendio, vandalismo e temporais). A colmea está valorada en 100 € e hai unha franquía no caso de roubo nun 20 % dos danos e 150 € en responsabilidade civil. O custo é de 1,28 € / colmea e ten validez ata o 7 de febreiro de 2019.

Datos que se deben enviar a AGA para facer o seguro: nome do socio ou socia, titular da explotación, código REGA, nº de colmeas (que debe coincidir co que se teña anotado no caderno apícola) e forma de pago.

O pagamento pode ser: por domiciliación xunto coa cota ou por transferencia para os que non teñan a cota domiciliada. Nº de conta de AGA: ES02 2080 0348 38 3000018210 (ABANCA) (indicar no concepto o nome do socio ou socia  e poñer o concepto de «Seguro apícola 2018»).

Para o Plan Apícola: é obrigatorio ter un seguro de colmeas, que pode ser por AGA ou por conta propia. Se se fai por AGA, deberá indicarse na solicitude e facer o pago por transferencia xunto co resto do material. No caso de ter seguro propio, hai que enviar xunto coa solicitude da subvención a copia da póliza, onde se especifique o número de póliza, o nome da persoa asegurada, o código REGA e o número de colmeas, así como o xustificante bancario do seu pagamento.


Voltar