+ 34 981 508 142

SEMANA EUROPEA DA ABELLA E A POLINIZACIÓN

15 de maio de 2018

A Semana Europea da Abella e a Polinización que se celebrará no Parlamento Europeo do 26 ó 28 de xuño, terá como tema central a mobilización da comunidade agrícola para protexer as abellas.

Ó encontro están convidados a participar membros do Parlamento, representantes da UE, apicultores, agricultores, científicos, veterniarios, fabricantes, ONG e cidadanía. Trátase de ofrecer un espazo de intercambio coas autoridades públicas co obxecto de promover unha cadea apícola sostible que garantice o mantemento dos ecosistemas, a biodiversidade e a produción e seguridade alimentaria. 

O eurodiputado Michel Dantin organiza o grupo de traballo "Apicultura e saúde das abellas" o intergrupo Cambio climático, biodiversidade e desenvolvemento sostible.

Tamén participan:
The Biodiversity Network for Bees,
Gembloux Agro-Bio Tech Université de Liège,
BeeOdiversity,
BeeLife,
European Crop Protection Association,
Copa-Cogeca,
International Confederation of European Beet Growers (CIBE),
O Intergrupo do Parlamento Europeo "Cambio climático, Biodiversidade e Desenvolvemento Sostible"


Máis información en: www.beeweek.eu ou no mail: enilias.grampas@ebcd.org (Ilias Grampas, Funcionario Intergrupal do Parlamento Europeo).


Voltar