+ 34 981 508 142

STOP VESPA VELUTINA. Trampeo primaveral

15 de marzo de 2017

Coa chegada temperá da primavera, comezaron a aparecer raíñas de Vespa velutina en moitos lugares de Galicia, polo que aconsellamos comezar xa o trampeo primaveral.

A partires do traballo realizado o ano pasado dentro de AGA pola nosa investigadora Sandra Rojas, acordouse solicitar á Conselleria do Medio Rural trampas Vetopharma cos seus atraentes, para repartir entre os apicultores e apicultoras co obxectivo de capturar vespas nais da especie invasora durante a primavera. Por distintos parámetros analizados no estudio foi a mellor valorada, aínda que con importantes fallos dependendo do lugar onde se instalen. 

Os socios e socias que teñan dereito ás trampas que nos entregou a Consellería para o reparto gratuito, que se poñan en contacto con AGA. As DAGAS tamén están facendo este reparto, así como na nosa oficina de Santiago.

O que se recomenda é colocalas preferentemente en zonas periurbanas, que é onde van ter máis tendencia a construir os niños primarios, e sobre todo próximas a plantas con flores de orixe asiático, por exemplo en camelias e noutras plantas onde vexamos as velutinas libar nas flores.


Voltar