+ 34 981 508 142

SUBVENCIÓN INDUSTRIAS AGRARIAS 2018

18 de xaneiro de 2018

ORDE do 18 decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios para o período 2014-2020 cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2018 DOG Nº 9, 12/01/2018

BENEFICIARIOS 

Poderán acollerse a estas axudas os empresarios individuais ou sociedades que sexan ou vaian ser titulares de instalacións obxecto da axuda dedicadas á transformación e/ou comercialización de produtos agrarios (o mel).

GASTOS SUBVENCIONABLES 

a) Construción, adquisición e mellora de bens inmobles. A compra de terreos ata un valor inferior ao 10 % do total dos gastos subvencionables.

b) Compra de maquinaria e equipamentos novos, ata o seu valor de mercado.

c) Os seguintes investimentos intanxibles: adquisición ou desenvolvemento de programas informáticos así como adquisicións de patentes, licenzas, dereitos de autor e marcas rexistradas relacionadas cos procesos produtivos.

d) Os custos xerais vinculados as letras a) e b) anteriores consistentes en honorarios de proxecto e dirección de obra, así como en estudos de viabilidade. En todo caso, o importe admisible nestes custos non poderá superar o 12 % do importe total dos investimentos subvencionables das letras a), b) e c) anteriores.

PRAZO PARA PRESENTAR A SOLICITUDE 

Ata o día 13 febreiro (Un mes dende o día seguinte á publicación da convocatoria. Publicación: 12/01/2018)

Descargar resumo completo da subvención

Descargar o DOGA

Máis información:

Laura García Sáez, Asesora Xurídica de AGA
Email: servizoxuridico@apiculturagalega.es


Voltar