+ 34 981 508 142

SUBVENCIÓN INDUSTRIAS AGRARIAS

SUBVENCIÓN INDUSTRIAS AGRARIAS


ORDE do 22 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios do período 2014-2020, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2017.

LINK AO DOGA:  http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20161230/AnuncioG0426-221216-0001_gl.html

OBXETO:

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas da Consellería do Medio Rural para os investimentos en transformación, comercialización e/ou desenvolve-mento de produtos agrícolas.

É dicir, finánciase a creación, ampliación e modernización de instalaciones destinadas a transformación ou comercialización de productos agrarios. (o mel consideráse un producto agrario).

BENEFICIARIOS

Empresarios individuais ou sociedades que se dediquen a transformación ou comercialización de productos agrarios.

INVESTIMENTO MÍNIMO

que debe realizarse:  30.000 euros

 

GASTOS SUBVENCIONABLES:

a) Construción, adquisición e mellora de bens inmobles. A compra de terreos ata un
valor inferior ao 10 % do total dos gastos subvencionables.

b) Compra de maquinaria e equipamentos novos, ata o seu valor de mercado.

c) Os seguintes investimentos intanxibles: adquisición ou desenvolvemento de programas informáticos, así como adquisicións de patentes, licenzas, dereitos de autor e marcas rexistradas relacionadas cos procesos produtivos.

d) Os custos xerais vinculados ás alíneas a) e b) anteriores consistentes en honorarios
de proxecto e dirección de obra, así como en estudos de viabilidade.

PORCENTAXE QUE SE SUBVENCIONA:

50% gastos

SOLICITUDES:

- Vía eléctronica (https://sede.xunta.gal) ou ben en Formato papel en calquer organismo administrativo do Estado, das Comunidades Autónomas ou Concellos.

- Documentos a presentar: (os anexos aparecen na Orde)
a) Anexo I cumplimentado
b) Memoria: anexo A2 debidamente cuberto.
c) Estudo técnico : co contido mínimo indicado no anexo A3.
d) Estudio económico: co contido mínimo indicado no anexo A4.
e) Relación de ofertas solicitadas e elixidas: anexo A5 debidamente cuberto.
f) Fotocopia DNI.
g) Licenza de obras no caso de que faigan, e documento que acredite a disponibilidade do terreo (ie escrituras de propiedad, de arrendamento...)
h) No caso de producir produtos amparados por unha denominación de calidade recoñecida, débese achegar certificado do Consello Regulador correspondente sobre a produción amparada no último ano. (por exemplo Mel de Galicia).

PLAZOS:

- Para presentar a solicitudes: 1 mes dende a convocatoria. É decir remata o 30 de Xaneiro de 2017.

- Plazo que teñen eles para resolver: 6 meses, ie ata o 30 de Xuño 2017.

EXECUCIÓN:

Débese facer un investimento do 20% do total subvencionable no ano 2017.

REQUISITOS ADICIONAIS:

- Non se subvencionan as actividades engadidas no réxime da producción primaria.
- No caso de afectar o proxecto a un espazo incluído na Rede Natura 2000, requírese evaluación de impacto ambiental favorable.
- Non se concederán axudas a investimentos iniciados con anterioridade á presentación dunha solicitude de axuda. Para estes efectos, considerarase como inicio do investimento a data en que se produza, en primeiro lugar, ben o inicio das obras de construción relativas aos investimentos, ou ben o primeiro compromiso xuridicamente vinculante para realizar un pedido de equipamentos ou servizos ou calquera outro compromiso que faga irreversible o proxecto.
- A actividade ou actividades obxecto de axuda, así como os conceptos subvencionados, deberanse manter durante un período non inferior a cinco anos.

 


Voltar