+ 34 981 508 142

SUBVENCIÓN PARA OS DANOS CAUSADOS POLOS INCENDIOS FORESTAIS DO MES DE OUTUBRO EN GALICIA

31 de outubro de 2017

Este luns 30 de outubro saiu publicada no DOGA a orde de axudas para a reposición dos danos causados polos incendios forestais. Entre os danos contémplase aqueles ocasionados nas colmeas, polo que os apicultores e apicultoras afectadas poden solicitar estas axudas. O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de novembro.

Os socios e socias que teñan o seguro contratado con AGA que contacten con nós para dar parte á compañía. Poden solicitar a subvención da Xunta os que non teñan seguro e tamén os que o teñan para cubrir o que non entre no seguro. Aqueles que precisen outra axuda, ademais da cuberta polo seguro ou a Xunta, que contacten con nós e intentaremos ofrecerlle algunha solución. Para ter datos sobre o impacto producido polos incendios na cabana apícola, pregamos a todos os apicultores e apicultoras afectadas que se poñan en contacto coa asociación para informarnos dos danos.

Declaración responsable (a cubrir para entregar coa solicitude)

A información completa das axudas publicada no DOGA:

http://www.xunta.gal/…/2017…/AnuncioG0244-191017-0005_gl.pdf

http://www.xunta.gal/…/20171030/AnuncioG0244-271017-2_gl.pdf


Voltar