+ 34 981 508 142

SUBVENCIÓN PARA PARTICIPACIÓN DE AGRICULTORES/AS EN FIGURAS DE CALIDADE (DENOMINACIÓNS DE ORIXE E AGRIC. ECOLÓXICA)

12 de xaneiro de 2018

ORDE do 18 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á nova participación de agricultores en réximes de calidade, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018.

Beneficiarios:
- Agricultores/as (apicultores/as) en activo inscritos por primeira vez nunha Denominación de Orixe (vgr. Mel de Galicia) ou que comecen coa agricultura ecolóxica.
** quedan fora as explotacións de autoconsumo.
- A inscrición das figuras de calidade ou no réxime de agricultura ecolóxica debe facerse entre o 18 de novembro de 2015 (data de aprobación do PDR) e o remate da convocatoria en curso (15 de maio de 2018).

Gastos subvencionables
- Os gastos de inscrición e a cota anual de participación.
- 100% destes gastos durante 5 anos sen superar 3.000 € anuais por explotación.

Descargar resumo completo da subvención

Enlace ó DOGA 

Máis información: 

Laura García Sáez, asesora xurídica de AGA
Email: servizoxuridico@apiculturagalega.es


Voltar