+ 34 981 508 142

Seguro de colmeas 2015

Xa se pode solicitar ou renovar a póliza multirrisco do seguro das colmeas que AGA ten contratada con Mapfre para os socios e socias. Ten un custe de 1€ / colmea e abarca responsablidade civil, defensa, roubo, incendio e vandalismo. 

Cobertura: Roubo 72,12 € / colmea (franquicia de 150€). Incendio: 72,12 € / colmea. R.C. 300.000 € / sinistro (franquicia de 150 €). Defensa xurídica, 4.634,80 €.

A actual póliza caduca o día 7 de febreiro e lembramos que non se renova automáticamente, polo que é necesario comunicar en AGA o nº de colmeas e o nº de rexistro apícola, despois de ter actualizado o caderno na oficina agraria. Deberán asegurarse todas as colmeas que figuren no caderno apícola para que sexa válido. 

Recoméndase asegurar as colmeas xa que para roubos e incendios é a mellor opción agora mesmo. Se os fondos do Plan Apícola son suficientes, poderá ser subvencionado ao 50%.

 

COBERTURAS PÓLIZA MULTIRRISCO:

Danos materiais:

Con límite de 72,12 € / colmea, cóbrense as seguintes garantías:

1. Incendio e Raio.

2. Extensión de Garantías, con franquicia de 150 €:

a. Actos vandálicos ou malintencionados.

b. Accións tumultuarias

c. Fenómenos atmosféricos consistentes en vento con velocidades superiores a 90 km/hora, chuvia con precipitacións superiores a 40 litros/m2 e hora, pedrisco, sarabia e neve

d. Inundación

e. Fume

3. Roubo e Furto, cunha franquicia do 20% dos danos.

En caso de sinistro consorciable é de aplicación o RD 300/2004, do 20 de febreiro polo que se aproba o regulamento de seguro de riscos extraordinarios.
 

Responsabilidade Civil:

Cos seguintes límites:

300.000 euros por sinistro

150.000 euros por victima (Para a cobertura de R. Civil Básica)

90.000 € por victima (para a cobertura de R. Civil Patronal)

Franquicia de 150 € por sinistro.

Garántese o pagamento das indemnizacións polas que poida resultar civilmente responsable conforme a dereito, por danos corporais ou materiais e os prexuízos que destes se deriven, ocasionados a terceiros así como os custos e gastos xudiciais e extraxudiciais.

A presente cobertura esténdese a amparar a Responsabilidade Civil que lle sexa esixida ao asegurado de conformidade coa normativa legal vixente por accidentes sufridos polos traballadores con ocasión da realización do seu traballo, para tal efecto terán a consideración de traballadores os asalariados do asegurado incluídos en nómina e dados de alta no seguro de Accidentes de Traballo, así como os traballadores con relacións de traballo temporal ou de duración determinada, e os contratados por empresas de traballo temporal e outros dependentes do asegurado á marxe da relación laboral.

Son de aplicación ás todas as garantías as exclusións e limitacións establecidas en condicións xerais e particulares.

 


Voltar