+ 34 981 508 142

Seguro de colmeas 2017

7 de abril de 2017

Para facer o seguro por AGA, se todavía non se comunicou, os socios e socias que o queiran facer poden poñerse en contacto con AGA. A póliza ten unha validez dun ano dende o 7 de febreiro do 2017 e este ano o custe é de 1.28 €/colmea, xa que aumentou a valoración da colmea de 72 € a 100 €. O cobro farase por domiciliación ós que teñan a cuota domiciliada e para o resto será por transferencia ou efectivo.

Lembramos que o seguro non se renova automáticamente, polo tanto os socios e socias que o teñan contratado o ano pasado teñen que renovalo comunicándollo a AGA. Se solicitan o Plan Apícola hai que anotalo na solicitude e se non, tanto para os que queiran renovar como contratar por primeira vez, poden poñerse en contacto coa asociación para indicar o REGA e o nº de colmeas actual, que ten que coincidir coas que teñan actualizado no caderno apícola.

COBERTURAS

- Incendio, raio e explosion

- Actos de Vandalismo

- Vento, choiva, granizo ou neve

- Roubo e hurto

- RESPONSABILIDADE CIVIL DE 300.000 € ( límite por víctima 150.000 €)

 

FRANQUICIAS

- Roubo: 20% dos danos

- Responsabilidade civil: 150 €

 

VALORACIÓN DA COLMEA

Colmea

30 €

Enxame

60 €

Mel

10 €

VALORACIÓN TOTAL

100 € / Colmea

 


Voltar