+ 34 981 508 142

Semana das Abellas en Ferrol

Do 29 de marzo ó 6 de abril

A Delegación de AGA Ferrolterra organiza a "Semana das Abellas de Ferrol" no Centro Cultural Carvalho Calero, co seguinte programa de actividades:

Exposición educativa ambiental sobre as abellas e a súa importancia medioambiental.

Do martes 29 de marzo ao venres 1 de abril. Atención ao público en xeral, en horario de tarde.

Programa "AS ABELLAS NA ESCOLA"

A exposición en horario de maña  desenvolverá un programa específico para os nenos e nenas dos centros educativos de Ferrol.

Xornadas Técnicas

Venres, 1 de abril, ás 19 horas.- Abellas e biodeversidade. Pasado, presente e futuro da apicultura galega. Relator.- Rafael Díaz Nieto. Técnico apícola. 

Sábado, 2 de abril, ás 11 horas.- "Flora de interese apícola". Relatora.- Sra. Mª Seijo Coello. Dra. En Bioloxía na Facultade de Ciencias de Ourense. 

Mércores, 6 de abril, ás 19 horas.- "Características dos propóleos das abellas e beneficios na saúde humana". Relatora.- Sta. Deyanira Valdés Rábago. Dra. en Medicina pola Facultade de Ciencias Médicas da Habana.

Máis información:

Tel. 661 378 960 ou email dagaferrol@hotmail.com


Voltar