+ 34 981 508 142

Sobe a cota de AGA

Pasar de 40 a 50 € ano tal como se aprobou na  última Asemblea Xeral de AGA pode parecer moita suba dados os tempos de crise que corremos. Teñamos en conta que a cota non subiu nos últimos cinco anos. Polo tanto, a suba sería de 2 €/ ano, un 5% anual. Todo aquilo que manexamos en AGA sobe, en xeral, máis desta porcentaxe.

Se queremos que AGA teña futuro temos que procurar depender o menos posible das subvencións e autofinanciarnos. O obxectivo é de que nos financiemos un 75 % xa neste ano 2015.

Para os que venden mel, este gasto debemos repercutilo no prezo do mel que está á alza, dado que hai máis demanda e menos oferta de produto debido as ameazas que pesan sobre as abellas. Xa temos insistido en que non debería haber mel no mercado a menos de 8 €/quilo.

Para os simplemente afeccionados ás abellas, a cota de AGA élles rendible só polo feito de querer asegurar as poucas colmeas que teñan e que sexan conscientes que están axudando a crear un ambiente máis diverso e á  produción de alimentos para todos, o cal representa pola súa parte un acto de xenerosidade, xa que non utilizan as abellas con ánimo de lucro.

As DAGA recibirán 15 € por socio/a.


Voltar