+ 34 981 508 142

Sorteo dunha gran cesta no concurso "Eu son a Pinga no Facebook de AGA"

26 de febreiro de 2016

O concurso "Eu son a Pinga no Facebook de AGA" avanza moi animado coa participación de moitas persoas, socias e amigas de AGA, que enviaron unha simpática foto que publicamos no facebook de AGA.

Os participantes terán a opción de gañar esta estupenda cesta de produtos apícolas. O prazo para enviar as fotos remata o día 15 de marzo. Anímate a participar e envíanos a túa foto a info@apiculturagalega.es indicando o teu nome e teléfono de contacto.

 

 

Voltar