+ 34 981 508 142

Syngenta, Bayer e BASF nominadas ó premio á peor empresa do planeta

Syngenta, Bayer e BASF nominadas ó premio á peor empresa do Planeta.

Os Public Eye Awards nomea cada ano á peor empresa do planeta. Na próxima edición do 2014 a Coordinadora Apícola Europea COEUR promoveu a candidatura de tres empresas fabricantes de pesticidas: Syngenta, Bayer e BASF.

Vota neste enlace á candidatura de Syngenta, Bayer e BASF ó premio do público como peor empresa do planeta.

Os Public Eye Awards foron creados por Greenpeace, co obxectivo de facer unha reflexión crítica sobre o Foro Económico Mundial (FEM) e debatir unha economía social e medioambiental mais sostible, en oposición ás políticas neoliberais da globalización, difundidas polos participantes no Foro Económico Mundial. Estes premios son concebidos como un evento aberto e transparente que permite ó público xeral expresarse con voz crítica. Por esta razón, cada ano un dos premios decídese por votación popular. O periodo de votación dura ata pouco antes da celebración do Foro Económico Mundial en xaneiro. A empresa co maior número de votos recibe o Premio do Público na conferencia de prensa internacional de Davos.

Este ano, ademais de Syngenta, Bayer y Basf, hai nominadas outras grandes e coñecidas empresas que operan en diversos sectores (gas, petróleo, piscicultura,….) e a FIFA Federación Internacional de Fútbol.

Para coñecer en detalle todas as nominacións e os motivos polos cales están nominadas, visitar a web dos Public Eye Awards.

A Coordinadora Apícola Europea está formada por asociacións e federacións de asociacións apícolas de Bélxica, Francia, Alemania, Italia, Luxemburgo, España e Chipre:

Asociación Gallega de Apicultura (AGA, España)
Centro Apícola de Investigación e Información (CARI, Bélgica)
Confederación Paysanne (Francia)
Consorcio de Apicultores y Agricultores Biológicos Italianos (Conapi Sooc.Coop., Italia)
Coordinadora de Organizaciones Agrícolas y Ganaderas (COAG, España)
Asociación de Apicultores Profesionales de Alemania (DBIB, Alemania)
Asociación Europea de Apicultores Profesionales (Alemania)
Federación Apícola Belga (FAB, Bélgica)
Federación de Uniones de Apicultores de Luxemburgo (FUAL, Luxemburgo)
Federación Francesa de Apicultores Profesionales (FFAP, Francia)
Federación Nacional de Organizaciones Sanitarias Apícolas (FNOSAD, Francia)
Comunidad Europea de Apicultores de Buckfast (Alemania)
Sindicato Nacional de Apicultura Francesa (Francia)
Unión Nacional de Apicultura Francesa (UNAF, Francia)
Unión Nacional de Asociaciones de Apicultores Italianos (UNAAPI, Italia)
Asociación de Apicultores de Chipre (Chipre)

Por favor, votade e dádelle a máxima difusión, sobretodo se a túa organización está nas promotoras da candidatura:

http://publiceye.ch/es/acerca-de-los-public-eye-awards/organizaciones-nominadoras/#syngenta

Nominación a Syngenta, BASF y Bayer

Syngenta, BASF e Bayer son empresas multinacionais que producen e venden praguicidas altamente tóxicos (pesticidas sistémicos). Os seus pesticidas causan a morte en serie das abellas e outros polinizadores. Algúns destes praguicidas foron prohibidos parcialmente en Europa no 2013, pero estas empresas continúan negando que o seu negocio de pesticidas teña un impacto negativo nas abellas e os ecosistemas. Hoxe, a ciudadanía ten unha grande oportunidade para facer que Syngenta, Bayer e BASF consiga o temido "Peor Premio" dos Public Eye.

Por favor, difundide e compartide esta información.

 


Voltar