+ 34 981 508 142

TODO LISTO PARA A MARCHA STOP VELUTINA E CONTINUAMOS SUMANDO COLABORACIÓNS

29 de setembro de 2017

Xa temos todo listo para a Marcha Stop Velutina, que partirá o 19 de outubro de Santiago de Compostela, onde faremos unha concentración abelleira diante da Xunta de Galicia en San Caetano ás 10.30 h. Convidamos a todo o mundo a participar neste acto para reivindicar a unión entre toda a sociedade nesta loita e á administración galega a posta en marcha inmediata e decidida das medidas que frenen o avance desta especie invasora.

Para contribuir á realización desta iniciativa temos xa unha ampla relación de colaboradores e estamos pendentes de resposta doutros para sumar todavía máis forzas nesta loita.

Listado de colaboradores a día de hoxe:

Confederación en Defensa de la Abeja en la Cornisa Cantábrica (CODACC)

Federación de Asociaciones de Apicultores de Cantabria (FAAC)

Asociación en Defensa de la Abeja en el Principado de Asturias (ADAPAS)

Asociación Apicultores de Álava (APIAL)

Asociación Apicultores de Bilbao (BAMEPE)

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA)

Parque de la Vida de Luarca

Jardín Botánico de Gijón

Apicultura Ibérica

Casa das Abellas

Erica Mel S.C.G.

Xorsa

Diputación Foral de Álava

As persoas, empresas, asociacións ou organismos interesados en colaborar poden poñerse en contacto con AGA.

 

 

Voltar