+ 34 981 508 142

TRATAMENTOS VARROA 2017

1 de xuño de 2017

No mes de xuño comezamos coa campaña dos tratamentos da varroa. Lembramos que se un produto funcionou ben convén utilizalo varios anos e gardar as outras alternativas de rotación para cando comece a ter resistencias. Recomendamos o amitraz como principio activo, xa que en Galicia está funcionando ben e deixa poucos residuos, tendo en conta que sempre pode haber variacións en función das resistencias. Os produtos que menos recomendamos son o Apistan, porque xa se leva utilizando moitos anos, e o Checkmite, pois están alertando tanto dende a empresa fabricante Bayer, como dende o Ministerio de Agricultura e a Consellería de Medio Rural, sobre a falta de eficacia do produto e a creación de resistencias da varroa a esta molécula.

Para facer o pedido dos tratamentos os socios e socias deben enviarnos a ficha que se adxunta nesta circular antes do 15 de xuño. Os que xa fixeron o pedido do tratamento para o Plan Apícola non teñen que enviar a ficha pero sí comunicar a AGA o lugar do recollida por teléfono ou e-mail e no caso de que necesiten tratamento para máis colmeas das que indicaron para a subvención sí que deben enviarnos a ficha cuberta para ese tratamento a maiores.

Os apicultores/as que pidan tratamento para máis de 100 colmeas recibirán o produto no seu domicilio xunto coa receita e deberán cubrir a folla correspondente ós tratamentos cos datos que figuran na receita, non é necesario que o faga o veterinario.

 

PEDIDO DO TRATAMENTO VARROA 2017

Pedidos: Enviar a AGA por email ou por carta a ficha que se adxunta nesta circular

Data límite pedido: 15 de xuño

Data límite recollida e receita tratamentos subvencionados Plan Apícola:  31 de xullo.

Forma de pago: Domiciliación bancaria xunto coa cota anual. Os socios/as que non teñan a cota domiciliada deben indicarnos na ficha un nº de conta ou pagar en efectivo na sede de AGA.

Recollida do produto: O veterinario de AGA o entregará nas localidades indicadas no calendario. Os apicultores/as que pidan tratamento para mais de 100 colmeas recibirano no seu domicilio.

Atención: Os socios/as que presentaron o Plan Apícola 2017 non teñen que enviar de novo a ficha de pedido, só no caso de que necesiten máis tratamento do solicitado para a subvención. Pero sí que deben comunicar a AGA o lugar de recollida do produto por teléfono ou email.

 

PRODUTOS E PREZOS

PRODUTO

PRINCIPIO ACTIVO

Nº COLMEAS / ENVASE

PREZO

APIVAR

AMITRAZ (tira de 20,5 cm)

5

15,30 €

APITRAZ

AMITRAZ (tira de 25 cm)

5

13,60 €

CHECK-MITE

COUMAPHOS

5

21,40 €

APISTAN

FLUVALINATO

5

18,15 €

THYMOVAR( ECOLOXICO)

TIMOL

5

17,85 €

MAQS (ECOLOXICO)

ACIDO FORMICO

10

61 €

 

CALENDARIO DE ENTREGA

CHANTADA. Cooperativa ICOS. 17 xuño, de 19 a 21 h

MOAÑA.Casa Mocidade,O Rosal. 1 xullo,de 19 a 21 h.

A CORUÑA. Bar Lorenzo. 7 de xullo, de 17 a 20 h.

NARON. Asoc. Veciños Sedes. 8 de xullo,de 11 a 13 h.

CARBALLO. Pazo da Cultura. 8 xullo, de 17 a 19 h.

MONDOÑEDO. Centro Comarcal A Mariña Central (Antigo cuartel). 9 xullo, de 10 a 12 h.

ORTIGUEIRA.Centro Social de San Adrián. 9 xullo, de 17 a 19 h

LALÍN. Auditorio- Conservatorio. 14 xullo, de 17 a 19h

AMOEIRO. Fundación Otero Pedrayo – Trasalba. 15 de xullo, de 11 a 13 h.

PONTEVEDRA.Apípolis - San Andrés de Xeve. 15 xullo, de 17 a 19 h.

GONDOMAR. Centro Neural. 16 xullo, de 11 a 13 h.

BOIRO. Centro Cultural A Cachada. 16 xullo, de 17 a 19 h.

ARZUA. Centro do Queixo e do Mel. 21 xullo, de 10 a 14 h. e de 16 e 18 h.

ALLARIZ. Rúa Granxa (a carón Museo do Coiro). 22 xullo, de 11 a 13 h.

CUALEDRO. Centro de Interpretación dos Castros. 22 xullo, de 17 a 19 h.

QUIROGA. Casa da Cultura. 23 xullo, de 11 a 13 h.

VIANA DO BOLO. Pazo do Mel. 23 xullo, de 17 a 19 h.

O CORGO. Local Veciños Pedrafita. 29 xullo, de 11 a 13 h.

AS PONTES. Casa do Mel. 29 xullo, de 17 a 19 h.

 

Descargar a circular informativa onde figura a ficha para facer o pedido do tratamento.


Voltar