+ 34 981 508 142

Últimos capítulos de "Apicultura na casa"

CAPÍTULO 4 "ESTACIÓNS"

As abellas van moi apegadas ás estacións e por iso creímos convinte facer un capítulo que tratara este tema. Así que nos adentramos en cada estación falando de comportamentos e tarefas tanto das abellas como dos apicultores. 

Ver capítulo 4

CAPÍTULO 5 "O MEL"

Neste vídeo, último da serie "Apicultura na casa", mostramos o proceso de recollida do mel con todos os seus pasos fundamentais. Dende o momento idóneo para sacar os favos da colmea ata o proceso de extracción mediante centrifugado. Para iso, ademais das explicacións que nos dá Xesús Asorey (membro da Asociación Galega de Apicultura), contámolo con imaxes nas que se pode ver cada paso do proceso.

Ver capítulo 5


"Apicultura na casa" é un proxecto realizado para impulsar a apicultura a pequena escala, para incentivar as persoas que por algunha razón, malia pensar niso, non deron o paso de poñer un colmea na súa vida. Contado por apicultores e nun formato composto por cinco capítulos, pretende mostrarnos as prácticas básicas que rodean este mundo, sen descoidar o papel da abella neste proceso e na natureza.

Os capítulos son:
1/5 APICULTURA NA CASA (INTRODUCIÓN)
2/5 SOCIEDADE
3/5 APIARIO
4/5 ESTACIÓNS
5
/5 O MEL

O documental foi realizado en Galicia e con apicultores e apicultoras galegas, polo que pode haber certas prácticas ou comportamentos tanto das abellas, da natureza, dos apicultores ou relativas á lexislación, peculiares da área xeográfica desta comunidade española.

Realizado e producido por:
Helios Vega e Pablo Portela

Contacto:
heliosvega@gmail.com
pablo.portela.rodriguez@gmail.com

Coa colaboración de: Asociación Galega de Apicultura

 

Voltar