+ 34 981 508 142

"Unha pinga de mel" en Allariz

Domingo, 23 de agosto de 2015 no recinto do Festival Internacional de Xardíns de Allariz, de 11.30 a 14.30 e de 17 a 21 h.

Dun xeito lúdico trataremos de poñer en contacto ás abellas e ós abelleiros co gran público co obxecto de sensibilizalo sobre a importancia da presenza das abellas nos nosos campos e os grandes riscos que corre na actualidade esta especie.

Unha agricultura incompatible coa presenza de polinizadores, debido o envelenamento masivo a que están sometidas polo uso de insecticidas, herbicidas, acaricidas… e novos inimigos que están chegando a cada paso, incendios forestais, monocultivos, transxénicos e en xeral polo deterioro medioambiental, son algúns dos causantes da problemática actual das abellas e que precisamos coñecer e buscar solucións que están sufrindo as abellas. É preciso dar a coñecer esta situación entre a sociedade para buscar e poñer en marcha alternativas que teñan como fundamento o respeto e coidado do medio ambiente.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Obxectivos:

1. Dar a coñecer o fascinante mundo das abellas entre o gran público.

2. Subministrar coñecementos sobre a importancia da abella para os ecosistemas, para a cadea alimentaria e a biodiversidade debido ao seu efecto polinizador.

3. Divulgar a vida apícola como termómetro da saúde medioambiental e das persoas.

4. Poñer en valor os produtos das abellas dentro dunha alimentación saudable.

Actividade:

Roteiro didáctico polo xardín formado por: 

- Carteis divulgativos sobre a situación crítica do medioambiente e as bellas

- Letreiros relativos ao abuso de fitoquímicos

- Polinización: con abellas e sen abellas

- Fotomatón: abellas e abelleiros

- Paneis didácticos sobre as abellas

- Obradoiros: de elaboración de candeas e proba de meles

- Posto de venda de produtos apícolas: camisetas, libros, cosmética e outras especialidades melíferas.

Organiza: Asociación Galega de Apicultura

Colabora: Concello de Allariz


Voltar