+ 34 981 508 142

VESPA VELUTINA, ESPECIE INVASORA, UN PROBLEMA DE TOD@S

13 de outubro de 2017

Esta será a mensaxe da Marcha Stop Velutina que espallaremos por tódolos lugares polos que pasaremos. A Vespa velutina é un grave problema medioambiental que afecta a toda a sociedade e precisa dunha actuación decidida da administración consistente en: programas de investigación, coordinación e financiamento da loita preventiva, campañas de divulgación social e axudas de compensación de danos para os sectores directamente afectados.

O xoves 19 de outubro temos que acudir á concentración diante da Xunta de Galicia en San Caetano ás 10.30 h (no lado que da á estación de autobuses), para despedir ó autobús Stop Velutina e trasladarlle as nosas reivindicacións ó Presidente da Xunta de Galicia e á Consellería de Medio Ambiente. 

Abelleiros e abelleiras traede os vosos traxes apícolas para que se vexa a forte preocupación do sector fronte a este problema.


Voltar