+ 34 981 508 142

VIAXE APÍCOLA: IX CONGRESO NACIONAL APÍCOLA EN TENERIFE

26 de marzo de 2018

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

AGA organiza este ano unha viaxe a Tenerife do 24 ó 28 de outubro con motivo do IX Congreso Nacional de Apicultura. A viaxe incluirá visitas técnicas e turísticas, ademais da asistencia ó congreso. O prezo por persoa en habitación doble será de aproximadamente 400 € (inclúe voo Santiago-Tenerife e aloxamento con almorzo). En función do número de persoas inscritas e a data na que se confirme a reserva o prezo poderá variar. Non está incluida a entrada ó congreso. O programa completo da viaxe e prezo final enviarémolo ás persoas inscritas unha vez teñamos confirmado o número e a reserva.

Toda a información do congreso pódese consultar na web:  www.congresoapiculturatenerife2018.com. O prezo da entrada ó congreso para os tres días é de 75 €, que pode ter unha reducción para grupos de máis de 20.

As persoas interesadas poden inscribirse ata o día 15 de abril. A partir desa data non poderemos garantir o prezo nin dispoñibilidade de prazas.

Máis información e inscricións: Tel. 981 508 142 / Email: info@apiculturagalega.es


Voltar