+ 34 981 508 142

VII Congreso Apícola Hispánico

O maior evento apícola do 2014 terá lugar en Santiago de Compostela

Programa completo e máis información na sección do congreso

3, 4 e 5 de outubro de 2014
IES Rosalía de Castro
Rúa San Clemente n.º 3 Santiago de Compostela

No mes de outubro celebrarase en Galicia un dos máis importantes eventos apícolas do ano. Contamos coa participación dun millar de visitantes, máis de 40 empresas e asociacións, ao redor de 80 relatorios científicos, varias mesas redondas, reunións de organizacións de toda España, concursos, arte, turismo... e moito máis. Unha ocasión única que pasará a formar parte da historia da apicultura hispánica.

A Asociación Galega de Apicultura e a Asociación para o Fomento dos Congresos Apícolas invítanos a asistir e participar nesta importante cita do sector apícola.  

 

 

PROGRAMA XERAL

Día 3:
A partir das 10 h. - Inscricións e entrega de credenciais (todo el día)
Ás 12 h. - Inauguración do congreso. Conferencia "O mundo das abellas, as abellas do mundo" por Guilles Fert, criador francés.
De 16 a 19 h. - Relatorios científicos áreas de "Produtos apícolas (1) " "Polinización e flora", "Apiterapia" e "Bioloxía"
Ás 18 h. - Asemblea de AFCA
De 19 h. A 21 h. - Proxección de audiovisuais

Día 4:
De 10 a 14 h. - Relatorios científicas áreas "Produtos apícolas (2) ", "Sanidade apícola", Teconología e manexo e "Economía e percepción social"
De 16 a 18 h. - Mesa redonda "A saúde das abellas e o medio ambiente"
De 18 a 20 h. - Mesa redonda "Comercio do mel"
De 18 a 20 h. - Proxección de audiovisuais
De 20 a 22 h. - Actividade lúdico-festiva
 

Día 5:
De 10 a 12 h. - Obradoiros
Ás 10 h. - Reunión de museos de apicultura
Ás 11 h. - Asemblea de CODACC Confederación de Defensa da Abella da Cornixa Cantábrica
Ás 12 h - Mesa redonda "Vespa Velutina"
Ás 13 h. - Asemblea de AEA - Asociación Española de Apicultores
Ás 14 h. - Clausura, entrega de premios e distincións.
 

Durante todo o congreso:
Exposición de comunicacións científicas en poster, Apiexpo Didáctica, Apiexpo Comercial, Expomiel e Api-Arte.

Mais información: www.apiculturagalega.es/congreso 


Voltar