+ 34 981 508 142

VIII Congreso Nacional de Apicultura en Granada no 2016

17 de novembro de 2015

 

A Asociación Provincial de Apicultores de Granada (APAG) e o Consello Regulador da DOP Miel de Granada, recibiron de AFCA (Asoc. para o Fomento de Congresos Apícola) o encargo de organizar o VIII Congreso Nacional de Apicultura os días 3, 4 e 5 de novembro en Granada.

Prácticamente a un ano vista a organización xa dou os primeiros pasos: está definido o comité científico e púxose en marcha unha páxina web na que se irá actualizando a información do encontro: 
http://www.congresoapiculturagranada2016.com/

Xunto as conferencias técnicas e científicas organizaranse outras actividades, obradoiros, reunión sectoriais e concursos, das que se irá informando.

Para empresas existirán dúas zonas expositivas, unha no interior do Palacio de Congresos de Granada adicada a empresas que queiran expoñer a súa imaxe e produtos e outra no exterior do Palacio adicada a venta de produtos.  

A tasa de inscripción é de 110 € antes do 30 de setembro de 2016 y de 125 € a partir desa data.

Os Congresos Nacionais rotan cada dous anos por distintas cidades de España e estanse convertindo na cita bianual da apicultura española. Dende o comité organizador do congreso, animan a apicultores, institucións e empresas a participar, asistindo como congresistas, presentando comunicacións científicas ou expoñendo experiencias e produtos.   

Máis información na secretaría técnica do congreso: Fase20. Email: info@fase20.com e tel: 958 20 35 11.


Voltar