+ 34 981 508 142

VOTACIÓN NEONICOTINOIDES EN BRUSELAS E LANZAMENTO DA COALICIÓN SALVAR AS ABELLAS

5 de decembro de 2017

O próximo 12 e 13 de decembro discutirase, e pode que se vote, a proposta da Comisión para ampliar as restriccións dos neonicotinoides Imidacloprid, Tiametoxan e Clotinanidina.

Co fin de coñecer a posición do noso país sobre o proxecto de reglamento da Comisión Europea de prorrogar a prohibición destes neonicotinoides, AGA súmase á iniciativa da Coordinadora Europea de Apicultura Bee Life enviándolle unha carta á Ministra de Agricultura Isabel García Tejerina na que instamos ó Goberno a apoiar a prohibición completa sobre estes pesticidas.

Como non hai más dúbidas de que os neonicotinoides son perxudiciais para as abellas e supoñen a contaminación do medio ambiente, pedimos que voten a favor da proposta da Comisión Europea de prohibir os tres neonicotinoides. Tamén lle invitamos a apoiar unha prohibición máis ambiciosa, incluindo invernadoiros permanentes, xa que a evidencia demostra que os invernadoiros non son sistemas pechados e que os pesticidas se están infiltrando no medio ambiente.

Coincidindo con esta posible decisión, hoxe 5 de decembro, ten lugar o lanzamento oficial da Coalición para Salvar ás Abellas. Bee Life, Pan Europe e Greenpeace formaron este ano a "Coalición para Salvar ás Abellas" co obxectivo de xuntar forzas na loita contra os pesticidas. AGA, ademais de pertencer á Coalición como membro de Bee Life, tamén forma parte como membro nominativo, xunto con outras 80 organizacións europeas, entre as que están asociacións apícolas, organizacións ecoloxistas, agrícolas e científicas da maior parte da Unión Europea.

Máis información en www.beecoalition.eu.

Ver comunicado de prensa Coalición Salvar ás Abellas

Ver carta á Ministra de Agricultura

 

 


Voltar