+ 34 981 508 142

Varroa 2013

VARROA 2013

Na campaña da varroa deste ano o veterinario de AGA fará a rolda para facer as receitas e selar os libros, tal como figura no seguinte calendario:

CALENDARIO DE RECEITAS

Mondariz. Centro Social de Mouriscados. Sábado, 27 de xullo de 11 a 13 h. Ás 12 h. xuntanza cos socios e socias para a creación da Delegación comarcal de AGA

Lugo. Residencia Universitaria Jesús Bal y Gay. Domingo, 28 de xullo de 11 a 13 h. Ás 11 h. xuntanza da Delegación AGA Lugo para a organización da Feria do Mel de Lugo

Ourense. Fundación Otero Pedrayo. Trasalba, Amoeiro. Sábado, 3 de agosto de 11 a 13 h. Ás 12 h. xuntanza da Delegación de AGA para organzación do Día da Abella e Feira do Mel en Maceda o 18 de agosto

Pontevedra. Apípolis. Couso, 10 San Andrés de Xeve. Sábado, 3 de agosto de 17 a 19 h.

Arzúa. Centro do Queixo e do Mel. Venres, 9 de agosto de 10 a 14 h. e de 16 e 18 h.

Quiroga. Feira do Mel. Sábado, 10 de agosto de 11 a 13 h.

Viana do Bolo. Pazo do Mel. Sábado, 10 de agosto de 17 a 19 h.

As Pontes. Casa do Mel, Goente. Domingo, 11de agosto de 17 a 19 h.

Mondoñedo. Oficina de Extensión Agraria. Sábado, 17 de agosto de 11 a 13 h.

TRATAMENTOS DA VARROA

Dado que a consellería este ano non vai a subministrar o produto como anos anteriores, AGA ofrecerá o tratamento a aqueles socios e socias que o soliciten antes do 21 de xullo.

Nome tratamento e prezo (envases para 5 colmeas):

Check Mite 21,00 EUR

Apistan 16,00 EUR

Apivar 17,00 EUR

Thimovar (con timol) 19,00 EUR

  • Pedidos e forma de pago: a data límite para facer o pedido e o pago é o 21 de xullo.

  • Os encargos faranse por tel. 981 508 142 ou email aga@queixoemel.org, indicando: o nome do socio/a, produto, nº de envases e lugar de recollida (según o calendario de receitas do veterinario).

  • O produto recollerase na rolda do veterinario.

  • O pago realizarase, no momento de facer o pedido, no nº de conta de AGA en Novagalicia Banco

  • 2080 0348 38 3000018210, indicando no concepto "Nome do socio, produto e nº envases"

Ademais dos produtos citados, tamén temos á venta timol (1 Euro/colmea) e Beevital Hiveclean (20 Euros/10 colmeas).

O prezo do Apistan xa é reducido. O resto dos produtos poderían reducir o seu prezo en función de se se amplía o montante económico dispoñible no Plan Apícola 2013. No caso en que fagamos devolucións comunicarémolo a través do Correo Apícola e será preciso presentar o albarán de compra do produto, ter entregadas as fotocopias compulsadas antes do 10 de xuño e ter o seguro de responsabilidade civil.

Según información dos abelleiros nestes intres o tratamento mais eficaz sería o Check Mite, pero dende AGA só o recomendamos como última solución, por ser un produto que deixa moitos residuos e polo cal está prohibido nos demais países da Unión Europea. E ademais, tede en conta que o fabricante é a empresa Bayer que, co seu pesticida Imidacloprid, ten causado unha grande mortandade de abellas.


Voltar