+ 34 981 508 142

Viaxe a Eslovenia e apiturismo en Galicia

22 de outubro de 2015

Un grupo de 22 socios e socias de AGA regresamos fai un par de semanas da viaxe organizada por AGA a Eslovenia, na que descubrimos a súa valorada apicultura e disfrutamos dos seus excelentes produtos apícolas. A ruta combinou visitas apícolas e turísticas, co cal puidemos descubrir as riquezas paisaxísticas, culturais e gastronómicas do país xunto coas visitas apícolas.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Foi unha rica e intensa experiencia coa que disfrutamos moito, non só polo interesante do destino se non tamén pola boa relación que se creou entre os compañeiros e compañeiras de viaxe e os moitos momentos de conversa e diversión que vivimos xuntos. Publicaremos próximamente un artigo detallado sobre a viaxe e mentres tanto vos damos unhas pinceladas do que vimos alí e compartimos algunhas imaxes.

A apicultura eslovena chama atención á primeira ollada pola  beleza dos seus colmeares, decorados con artísticas pinturas e enmarcados en preciosas paisaxes naturais.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Tamén destaca o seu desenvolvemento e o elevado número de apicultores, preto de 10.000 nun país de 2 millóns de habitantes, froito dunha rica e longa tradición apícola e elevado nivel organizativo, como demostra a espectatular sede da Asociación Eslovena de Apicultura, un gran edifcio que acolle unha completa oferta de servizos ós socios.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Tivemos a oportunidade de visitar varios apicultores, especializados en diferentes actividades, dende bebidas con mel a apiterapia e museos apícolas que amosan a longa tradición e valioso patrimonio apícola esloveno.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

E collemos moitas ideas do seu último e innovador produto: o apiturismo, que están desenvolvendo baixo a marca de Apiroutes e  do que puidemos comprobar de primeira man o seu potencial e múltiples beneficios que pode aportar, tanto para os profesionais da apicultura como para o desenvolvemento local de zonas rurais.

A partir desta experiencia comeza un novo proxecto en AGA: desenvolver o apiturismo en Galicia. A idea de visitar Eslovenia ía dirixida precisamente a iso, a vivir unha experiencia en apiturismo da man de expertos no tema e aprender deles para elaborar o noso produto aquí en Galicia. Xa iremos informando sobre estas rutas abelleiras que iremos artellando. O obxectivo é crear unha oferta de apiturismo para darnos a coñecer no mundo e que veñan xentes de tódolos rincóns a visitarnos para ensinarlles tamén as nosas riquezas de paisaxe, cultura, gastronomía… e por suposto da nosa apicultura, divulgar sobre a importancia de coidar das abellas e do medio ambiente e as extraordinarias propiedades dos seus produtos. 


Voltar