+ 34 981 508 142

Vídeos interesantes

28 de abril de 2014

Por que están a morrer as abellas?

Conferencia de Marla Spivak, experta en abellas. Gravación realizada en xuño de 2013.

As abellas prosperaron durante 50 millóns de anos, formando colonias de 40 a 50 mil individuos coordinados en asombrosa harmonía. Entón por que dende hai sete anos as colonias están a morrer en masa? Marla Spivak revela catro razóns que están a interactuar con consecuencias tráxicas. E o problema da desaparición non é só que as abellas polinicen a terceira parte dos cultivos do mundo... Podería ser isto un reflexo do que nos espera como especie?

Polinización: beleza escondida

Conferencia de Louie Schwartzberg, realizador. Gravación realizada en marzo de 2011.

Polinización: a súa importancia é crucial para a vida na Terra aínda que resulta case invisible para o ollo humano. O realizador Louie Schwartzberg móstranos o complexo mundo do pole e dos polinizadores con magníficas imaxes de alta velocidade que forman parte do seu documental "As ás da vida", que denuncia a desaparición dun dos polinizadores primarios da natureza: a abella melífera.  


Voltar