+ 34 981 508 142

XORNADA VESPA VELUTINA - 14 DE DECEMBRO NO CEIDA (OLEIROS)

Data: 14 de decembro de 2017
Lugar: CEIDA (Castelo de Santa Cruz - Oleiros)
Horario: De 10 a 14 h.

Organiza: Asociación Galega de Apicultura
Colabora: CEIDA

OBXECTIVOS

■ Dar a coñecer a situación da Vespa velutina, especie exótica invasora presente na maior parte do territorio galego.

■ Proporcionar información útil e actualizada aos Concellos e outras Administracións Locais para que estas poidan loitar contra a súa expansión.

DIRIXIDO A

Responsables políticos e técnicos das Administracións locais; grupos de desenvolvemento rural e outras entidades locais; apicultores; educadores ambientais, naturalistas, biólogos; profesionais; público xeral interesado.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

PROGRAMA

10.00 h. Inauguración

10.30–12 h. Mesa redonda:

■ A Vespa velutina desde a óptica da Consellería do Medio Rural. D. Jesús Orejas, Xefe de Servizo de Sanidade Animal.

■ A Vespa velutina desde a óptica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. Dna. Elisa Gago, Xefa de Servizo de Conservación da Biodiversidade.

■ Eficacia da defensa das abellas coas arpas eléctricas. Dna. Sandra Rojas, Investigadora da Universidade de Vigo.

12.00–12.30 h. Pausa - café

12.30–14 h. Mesa redonda:

■ Ciclo da Vespa velutina e loita preventiva. D. Xesús Asorey, biólogo de AGA.

■ Aspectos xurídicos e actuacións de AGA, Asociación Galega de Apicultura, fronte a Vespa velutina. Dna. Laura García, avogada de AGA.

■ Experiencia de colaboración na loita contra a Vespa velutina na península do Morrazo. D. Odilo Barreiro, Concelleiro de Urbanismo, Vivenda e Infraestruturas e Medio Ambiente e Mar, Concello de Moaña.

14.00 h. Clausura.

INSCRICIÓN

Actividade de balde. Inscrición previa: 
http://www.ceida.org/gl/formulario-de-inscricion

MÁIS INFORMACIÓN

Web: www.ceida.org
Email: formacion@ceida.org
Tel. 981 630 618


Voltar