+ 34 981 508 142

XOVES 19 DE OUTUBRO, CONCENTRACIÓN STOP VELUTINA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

6 de outubro de 2017

A invasión da especie invasora Vespa velutina supón un grave problema medioambiental de consecuencias imprevisibles que afecta a toda a sociedade. É urxente a posta en marcha dun plan de actuación inmediato e coordinado entre administración, asociacións e poboación, para frear o avance desta praga e os terribles estragos que está causando

O 19 de outubro partirá o autobús da Marcha Stop Velutina de Santiago de Compostela, onde faremos unha concentración diante da Xunta de Galicia en San Caetano ás 10.30 h (no lado que da á estación de autobuses). Convidamos á toda a poboación a participar neste acto para facer públicas as nosas reivindicacións, que entregaremos tamén ó Presidente da Xunta de Galicia, solicitándolle unha reunión urxente para explicarlle a gravidade da situación e as nosas propostas. Os abelleiros e abelleiras que traian os seus traxes apícolas para que se vexa a participación do sector.

Anunciamos tamén as novas colaboracións na Marcha Stop Velutina: o Sindicato Labrego Galego e as empresas Xorsa e Apiyago. Agradecemos a tódalas persoas e entidades que están colaborando para levar adiante esta iniciativa.


Voltar