+ 34 981 508 142

XVI CATA DOS MELES DE GALICIA

19 de decembro de 2017

A Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, en colaboración co Consello Regulador da Indicación Xeográfica Mel de Galicia, fixo entrega dos premios da XVI Cata dos Meles de Galicia e da XX Cata dos Queixos de Galicia.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O evento, que tivo lugar na localidade de Vilalba, estivo presidido polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo. Nesta edición participaron un total de 29 meles de 19 empresas envasadoras de Mel de Galicia a través das dúas modalidades de concurso en función da tipología do mel: unha categoría de meles monoflorais (na que participaron 12 meles de silva, eucalipto, castiñeiro e brezo); e categoría de meles multiflorais con 17 participantes.

A cualificación dos meles desenvolveuse o pasado 27 de novembro mediante unha cata a cegas cun Panel de Cata formado por sete expertos catadores, entre os que destacou a presenza do Mestre Pasteleiro Jacobo Torreblanca, de recoñecida traxectoria no sector. 

A continuación as persoas galardonadas.

Na categoría de monoflorais:

Distinción de ouro: Alfimel Josefa Paz Vizoso (Burela-Lugo).
Distinción de prata: O Colmenar de Sara brezo. González Carballal S. C (Ourense).
Distinción de bronce: Mel do Saldoiro. Antonio Gómez Tapia (Lalín-Pontevedra).

Na categoría de multiflorais:

Distinción de ouro: Alfimel. Josefa Paz Vizoso (Burela-Lugo).
Distinción de prata: Mel do Saldoiro. Antonio Gómez Tapia (Lalín- Pontevedra).
Distinción de bronce: O Trobo. Mª Fe Sixto Pernas. (O Valadouro-Lugo)
Diploma e cuarto posto: O Garabulleiro. Carlos González Igrexas (Ourense).
Diploma e quinto posto: O colmenar de Sara. González Carballal S. C (Ourense).
Diploma e sexto posto: Mel O Cortizo. Avelino Calvo Munín (Lalín - Pontevedra).

 


Voltar