+ 34 981 508 142

“XVI FEIRA DO MEL E DOS PRODUCTOS ECOLÓXICOS” // XORNADAS TÉCNICAS “Vespa velutina e medio ambiente” // TALLERES //

A velutina, un problema medio ambiental que afecta a toda a sociedade

Todos sabemos que a polinización das plantas é vital para a nosa alimentación e para a biodiversidade, pero as abellas, as principais encargadas de dita misión, están padecendo o noso mal facer. Fundamentalmente morren pola agricultura industrial e o uso masivo de plaguicidas tóxicos, a varroa e agora por si non fose pouco a insaciable depredadora Vespa velutina nigritorax.

 
 

A capacidade de emocionarte ante os seres pequenos non te fai débil, te fai mais humano.

 


Todos estamos sufrindo con impotencia e desesperación a voracidade da velutina, e nos chamades alarmados e aflixidos solicitando unha solución que por parte da ciencia non da chegado. Probablemente como se trata dun problema incipiente a gran industria farmacéutica espera se extenda e sexa moito maior para incrementar os seus beneficios.

Vista a situación os abelleiros non podemos quedar impasibles e nos puxemos a probar cebos con larvicidas e varias materias activas para os famosos e extendidos troianos e este verán obtimos unha formulación moi efectiva combinando larvicida e insecticida. Aclaracións:

·           As vespas, como as abellas, practican a trofalaxia polo que un troiano que chegue ao niño, dependendo da cantidade de producto que lle apliquemos, afectará entre 20 e 50 vespas, polo que é obvio que canto antes se aplique a técnica mellores resultados obteremos xa que menor poboación terán os niños.

·           É moito máis eficaz se é unha acción coordinada e conxunta na zona entre varios apicultores que a individual, aínda que sexa constante.    

Este tema xa o hemos divulgamos mediante gran cantidade de sesións prácticas de campo. Non obstante, se alguén necesita información adicional que nos chame.

 

"XVI FEIRA DO MEL E DOS PRODUCTOS ECOLÓXICOS"

Sábado 8 e domingo 9 de outubro, no "Recinto Ferial do Trece" (Sedes- Narón), e de 11 a 14 horas e de 16 a 19 horas.

Outra nova edición desta a nosa tradicional feira do mel que tan boa acollida está tendo sempre na nosa bisbarra. Este ano repetirase a mesma fórmula, os artesáns do mel compartindo recinto ferial cos productores ecolóxicos do CRAEGA.

Os visitantes poderán coñecer a rica oferta dos postos de venta e disfrutar da degustación de queixo e pan ecolóxico con mel artesán da bisbarra, xantar popular a prezo económico, sorteo de cestos, actuacións musicais en vivo, etc.

Aproveita e achégate á nosa feira coa familia.   

Esta feira está patrocinada pola Concellería de Feiras do Concello de Narón.

 

XORNADAS TÉCNICAS "Vespa velutina e medio ambiente"

O pasados días 1 e 2 de setembro desenvolvéronse as "Xornadas Internacionais sobre a Vespa velutina nigritorax" que organizou a Facultade de Ciencias da Un. de Lugo xunto con AGA. Estas xornadas, xunto co traballo desenvolto pola Un. de Vigo, marcan o punto de partida da investigación da velutina en España.

Xa que moitos de vós non participastes estas xornadas que organizamos en Narón pretenden ser unha síntese do tratado aló e das conclusións obtidas.

"Centro Comunitario Integrado Manuela Pérez Sequeiro" (Alto do Castiñeiro, Narón).

Venres, día 14 de outubro, 19 horas.- "Presente e futuro da velutina, visión xeral da problemática da velutina en Galicia". Jesús Asorey, biólogo e asesor técnico apícola.

Sábado, día 15 de outubre, 10 horas.- "Sistemas de control da velutina, e o botiquín do apicultor". Rafael Díaz Nieto, técnico apícola e responsable na bisbarra de AGA.

Sábado, día 15 de outubro, 12 horas.- Vías de investigación europeas da velutina.  Xesús Féas, veterinario, químico e investigador da Facultade de Ciencias da Un. de Santiago. O que se esta facendo en Europa e nas universidades galegas.

Estas xornadas están patrocinadas pola Concellería de Medio Ambiente do Concello de Narón.

 

TALLERES

Unha vez pasadas as actividades indicadas desenrolaremos uns talleres que esperamos sexan do voso interese.

Taller de elaboración de xabóns artesáns cos productos das abellas.Os abelleiros contamos cuns productos dunhas características moi saudables. Participa e fai con nos…

·       Xabón de melpara mimar e coidar a pel, con propiedades antisépticas, calmantes e bactericidas. Ideal para os que teñen a pel dañada e con infeccións cutáneas, xa que axuda a reestructurala e a reducir as cicatrices.

·       O xabón de propóleo é un potente bactericida e antibiótico en xeral, de ahí que o empleemos para tratar a candidiasis naturalmente. Tamén é cicatrizante, epitelizante e moi hidratante. Moi axeitado para problemas de bacterias, soriasis e fungos.  

·       Xabón de pole.- Propiedades antioxidantes que axudan a eliminar radicais libres previndo o envexecemento celularbeneficioso para pieles con problemas de acné e para as que estén desnutridas ou enrugadas porque nutre en profundidade e é un poderoso revitalizante.

Taller de reciclado da cera.– A cera é un producto reciclable e valioso. As ceras comerciais poden traer química e residuos permiciosos para a saúde do enxame, se a isto lle sumamos o encarecemento actual da mesma debido á  industria da cosmética parece que o máis sensato é que non a desperdiciemos. A delegación ten as ferramentas e coñecemento para poñer en marcha o reciclado da cera que iniciaremos con este taller.

As persoas interesadas nestes talleres poden informarse chamando ao teléfono 661 378 960.

 
 

Novo local social de AGA cedido polo Concello de Neda.

 

 


ESMELGA.- Estamos no tempo de facer o mel. Aínda que antes un membro do grupo de traballo deixaba as súas instalacións para servizo dos socios, pero ahora lembrade que dende o ano pasado temos local e útiles propios da delegación para servizo dos asociados.

No queremos nin debemos deixar pasar a ocasión sin mostrar noso mais sinceiro agradecemento ao Concello de Neda pola importante cesión que nos fixeron.

 

ESCASEDE  DE  RESERVAS E ALIMENTACIÓN ARTIFICIAL.-Este ano non e de mel. O tempo non axudou nada,  abundante choiva primaveral e posterior sequía no veran provocou a unha colleita máis ben escasa.

 

A tardanza na saida dos enxames, gran maioría en veran, e a aparición da velutina en xulio provocou que todas estas colonias tardías estén desabastecidas de cara a dura invernada.

 

Todos sabemos que o alimento natural das abellas e o mel e o pole, pero a falta de ditos alimentos naturais e para paliar esta situación anormal hai que recurrir al mal menor. Antes que moran de fame ea falta de mel hemos de alimentalas e teremos que recurrir excepcionalmente a os alimentos comerciales e para elo aproveitaremos o pedido de material para pedir bolsas de alimento solido de invierno para completar as reservas.

Lembrade que en nosass latitudes unha colonia media precisa un mínimo de 10-12 kg de mel (3-4 cheos) para invernar.

 

Saúde e mel.                                                                                                                            Ferrolterra, 1 Outubro 2016                                                        

Grupo de traballo AGA Ferrolterra              


Voltar