+ 34 981 508 142

XVIII XORNADAS APÍCOLAS DO EUME E FEIRA DO MEL

Do 2 ó 8 de outubro en Goente (As Pontes).

As xornadas inclúen obradoiros para escolares, a X cata de meles e unha xornada adicada ó própole. O día 8 celébrase a Feira do Queixo e do Mel. A continuación o programa das xornadas. 

Organiza a DAGA Eume e Casa do Mel. Máis información no tel. 661 003 616. 

Programa:

Día 2 de outubro.

Obradoiros para escolares.

■ Extracción e envasado do mel. Elaboración de candeas con

cera. Proxección de vídeos apícolas. Visita guiada. Proba do mel

con outros produtos da comarca.

Días 4 e 6 de outubro.

■ 16 h. : X cata de meles. Con diploma de recoñecemento ao mellor mel claro e para o mellor mel escuro.

Día 7 de outubro.

Xornada adicada a propóleos.

■ 10 h: Presentación da colmea termosolar, tratamento ecolóxico da varroa na cría operculada. Celso Cadahía e Leona Rehakova .

■ 11 h: Coñecementos teóricos sobre propóleos (poderá asistir público en xeral). - Poñentes: Estrella Alfaro Sáiz (Doctora en Bioloxía Universidade de León); Félix Adanero Jorge (Ldo. en Farmacia e en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos; realizando tese na Universidade de León sobre propóleos).

■ 17 h: Aplicación práctica (Obtención, procesado e consumo de propóleos). Asistencia limitada a 20 persoas, previa inscrición.

Elaboración de tintura de propóleos.

Elaboración de mel con propóleos.

Cosmética apícola: elaboración de xabón de glicerina con propóleos.

Día 8 de outubro

IX FEIRA DO QUEIXO E DO MEL

 


Voltar