+ 34 981 508 142

XXI XORNADAS TÉCNICAS "EXPO MIEL 2017" EN CÓRDOBA

10 de novembro de 2017 

O sábado 18 de novembro celébranse en Córdoba as XXI Xornadas técnicas "Expo Miel 2017", un evento organizado polo sindicato agrario COAG -Unión de agricultores e gandeiros de Andalucía, xunto co Departamento de medio ambiente da Deputación de Córdoba e co apoio do Centro Andaluz de Apicultura da Universidade de Córdoba.

O evento abre as súas portas o sábado ás 9 da mañá coa entrega da documentación e a inauguración destas XXI Xornadas apícolas da man dos seus organizadores.

En canto o seu contido, Expo Miel 2017 conta este ano con varias ponencias de diversos temas de actualidad apícola e tamén cunha mesa redonda sobre o ácaro varroa, da que formarán parte distinas persoalidades da administración dos distintos departamentos de sanidade animal; persoal da Subdirección Xeral de sanidade animal e trazabilidade do Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, tamén o Xefe de servizo de sanidade animal do Departamento de Producción agrícola e gandeira e o resposanble rexional do sector apícola na COAG.

En canto ás ponencias, ademais do tema varroa tocánse temas como o cultivo do almendro e a polinización entomófila, contratos de polinización con colmeas e algunhas outras sobre a recolección e comercialización do própole.

Asociación Galega de Apicultura foi invitada a este evento para participar como ponente e acudirá ás Xornadas representada pola súa asesora xurídica Laura García Sáez. A nosa asesora presentará unha ponencia que trata os aspectos legáis das especies exóticas invasoras --concretamente o tártago de patas amarelas ou Vespa velutina--, ademais de presentar a situación actual que vive Galicia, como unha das rexións máis afectadas pola chegada deste insecto, expoñendo que métodos, ferramentas e camiños legáis estamos a utilizar aquí para alcanzar a convivencia co tártago.

 


Voltar