+ 34 981 508 142

XXVII FEIRA DO MEL DO ORTEGAL EN ORTIGUEIRA

 
COMO XA SABEDES O DIA 15 DE NOVEMBRO CELÉBRASE A FEIRA DO MEL DE ORTEGAL


EXISTEN DOUS POSTOS LIBRES PARA QUEN QUEIRA IR A VENDER O SEU MEL. OS INTERESADOS PODEN CONTACTAR CON MANUEL RODRÍGUEZ GÓMEZ, TELEF: 680.277.031

 


O domingo 15 de Novembro a alameda da vila de Ortigueira acollerá a celebración da XXVII Feira do Mel do Ortegal.

A apertura da feira terá lugar ás 11.00 horas e todos os asistentes poderán comprar mel, produtos apícolas e artigos de artesanía, e os máis pequenos gozar cos xogos populares. Tamén durante a mañá celebraranse os obradoiros de mel, cera, cestería e madeira e sortearanse diversas cestas.


Ás 13.00 horas a Escola de Gaitas de Ortiguiera ofrecerá unha actuación e os presentes poderán degustar gratis a deliciosa mel do Ortegal acompañada de queixo. Ás 14.30 hora veciños e visitantes tamén poderán gozar dunha amena comida popular a base de churrasco e pulpo.


Ás 18.00 horas, para finalizar esta gran xornada, levarase a cabo un magosto onde haberá castañas asadas e queimada para tomar de forma gratuita.

Durante o fin de semana diversos establecementos hosteleros servirán petiscos elaborados con mel.


Voltar