+ 34 981 508 142

Xesús Asorey, Premio Osíxeno 2015 de ADEGA

20 de xaneiro de 2016

ADEGA escolle a Xesús Asorey Martínez, secretario-técnico de AGA, como Premio Osíxeno 2015, pola súa loita incansábel por divulgar e manter viva esta actividade tradicional, especialmente nos últimos tempos cos problemas dos pesticidas e a vespa velutina.

Esta 15ª edición dos tradicionais premios cos que ADEGA quere subliñar o millor e o pior do pasado ano dende a perspectiva ambiental na Galiza, coincide tamén coas celebracións dos 40 anos da nosa organización, consituida en 1975 e legalizada en 1976.

Co obxecto de recoñecer o traballo e o compromiso xeneroso dos milleiros de socios e socias de ADEGA ao longo destes 40 anos, para eles adican o premio Osíxeno de Honra, por termar do ecoloxismo galego e defender a natureza do país durante todo este tempo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Premios Osíxeno 2015 ás millores actitudes ou actuacións ambientais do ano

-Premio OSÍXENO 2015, categoría individual: Xesús Asorey Martínez, secretario técnico da AGA (Asociación Galega de Apicultura) pola súa loita incansábel por divulgar e manter viva esta actividade tradicional, especialmente nos últimos tempos cos problemas dos pesticidas e a vespa velutina.

-Premio OSÍXENO 2015, categoría colectivo: á Granxa Arqueixal, referente da pr

odución ecolóxica en Galiza e exemplo de dinamización e posta en valor do medio rural con iniciativas respectuosas e sustentábeis.

Premios Dioxina 2015 ás accións máis nefastas para o ambiente

-Premio DIOXINA 2015, categoría individual:  á empresa ENCE, pola súa teima en seguir contaminando outros 75 anos a ría de Pontevedra e ser responsábel da enorme estensión do eucalipto en Galiza. Neste 2016, ENCE fóra pra sempre!

-Premio DIOXINA 2015, categoría colectivo: Aos "líderes mundiais" responsábeis do decepcionante resultado do Cumio do Clima de París. A súa falla de visión e de responsabilidade ao pechar un acordo sen medidas urxentes nen compromisos vinculantes, supón outra oportunidade perdida na loita contra o cambio climático.

Os premios entregaranse no decurso dun xantar de confraternización que terá lugar o vindeiro sábado 30 de xaneiro a partires das 14:30h na Nave de Vidán (Av. Mestra Victoria Míguez, 44, Compostela).


Voltar