+ 34 981 508 142

Xornada Apícola en Trasalba

Domingo, 23 de novembro de 2014
Fundación Otero Pedrayo en Trasalba - Amoeiro (Ourense)

A delegación de AGA Ourense convoca este domingo 23 de novembro unha xornada apícola formativa sobre a Vespa Velutina e o novo Decreto de Produción Primaria na Fundación Otero Pedrayo de Trasalba.

Para contextualizar as temáticas que se van tratar, algúns aspectos a ter en conta son os seguintes:

IMPORTANCIA DAS ABELLAS

O 80% das plantas con flores dependen da polinización das abellas para sobrevivir.

O 84% das plantas cultivadas precisan ser polinizadas polas abellas para ser produtivas.

O 76% da nosa cesta dos alimentos precisa das abellas.

O valor da polinización para a agricultura é de:

- 265.000 millóns de Euros/ano a nivel mundial, 22.000 millóns de Euros/ano a nivel da UE.
- Entre 3.000 e 4.000 millóns de Euros/ano para o Estado Español e 200 millóns de Euros/ano para Galicia.
- O valor medio ambiental é difícil de avaliar.

 En definitiva, a biodiversidade, o medio ambiente e a produción de alimentos está, en gran medida, nas mans das abellas e dos abelleiros/as. O mundo das abellas ben xestionado pódenos axudar a  facer un mundo mellor, con máis biodiversidade, con mellores alimentos e con máis saúde para as persoas xa  que as abellas pódense considerar sentinelas do medio ambiente.

ALGO DE HISTORIA

No ano 1980 fundouse AGA, daquela a apicultura era una actividade moi doada, poñer alzas e quitar mel (decimos os abelleiros e abelleiras).

No ano 1987 apareceu a varroa procedente de Asia: en 10 anos matou unhas 400.000 colmeas e fixo ás nosas abellas drogodependentes, cousa que lle custa ao sector máis de medio millón de euros ó ano en desparasitantes.

No ano 1991 chegou o gonipterus scutellatus do eucalipto: non se sabe cantas baixas habería  polas fumigacións con insecticidas pero sí causou bastantes  baixas.

A partires do ano 1994 apareceron no mercado os  insecticidas neonicotinoides:  fixeron desaparecer unas  600.000 colmeas en 20 anos e o sector puxo moito empeño en que se prohibiran estes insecticidas tan agresivos e niso estamos.

No ano 2012 chegou a vespa velutina: os seus efectos  xa se están notando, en toda a Galicia costeira  podería ter matado arredor de 1.000 colmeas este ano e as perspectivas son alarmantes.

Todo é resulado da globalización, dos tratados internacionais do comercio, da agricultura agrotóxica, cambio climático, etc, e representa un grave perigo para o medio ambiente e a saúde das persoas.

A VESPA VELUTINA

Unha ameaza para as abellas e os fruticultores, un  perigo para os madeireiros, usuarios do monte e en xeral para o medio ambiente.

Dende AGA imos traballar por facer un frente común entre todos os sectores implicados,  para minimizar os seus efectos.

En próximas datas convocaremos a concellos, fruticultores, madeireiros, organización ecoloxistas para elaborar una estratexia común e esixir ás nosas administracións que se impliquen en atallar un problema de moita envergadura.

AGA propón realizar una laboura preventiva de intensificar a colocación de trampas, agora mesmo e tamén á saída do inverno, febreiro-marzo, para capturar o maior número posible da raíñas e así evitar a proliferación de niños cara a vindeiro ano.

Para o próximo ano, se fose necesario pola proliferación destas avespas, AGA vai  propor un plan de choque que se vai experimentar e poñer a punto co fin de eliminar o maior número de  colonias de avespas asiáticas.

AGA tamén vai facer campañas intensivas de divulgación e sensibilización entre os colectivos afectados e cidadáns en xeral, con fin de que aprendan a diferencialas das avespas do país e tamén de como comportarse frente a aparición destes enormes niños.

 

XORNADA APÍCOLA

Domingo, 23 de novembro  na Fundación Otero Pedrayo en Trasalba (Amoeiro – Ourense)

Organizado por DAGA Ourense.

Programa:

 Ás 11 h. Audiovisual sobre a vespa velutina  elaborado polo Concello de San Sadurniño en colaboración con AGA, e coloquio con propostas para o control da vespa asiática.

 Ás 12 h. Etiquetado de produción primaria para o mel. Como facelo?

 Ás 12,30 h.  Asamblea xeral da Delegación e entrega de diplomas do curso de Api-Emprendedor@s que finalizou con 11 aprobados despois de 2 anos de actividade.

 Ás 13 h: Audiovisual  "A apicultura na casa". Elaborado por Helios Vega e Pablo Portela coa colaboración de AGA.

A entrada a esta xornada apícola é gratuíta e aberta a tódalas persoas interesadas.

 


Voltar