+ 34 981 508 142

Xornada Técnica "Trepa para retirada de avispeiros de Velutina"

Xornada organizada pola Casa do Mel de Goente (As Pontes) en colaboración co médico do SERGAS Carlos Piñeiro Diaz, o Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo e dúas persoas que desenvolven a súa actividade profesional empregando estas técnicas de trepa mediante cordas membros da Asociacion Galega de Arboricultura .

Será o sábado 30 de maio de 10 a 13 h. e de 16 a 20 h. na Casa do Mel (Goente - As Pontes)

Máis información e inscricións:

Tel. 661 003 616 / Email: casadomel@vodafone.es / Blog: casadomelaspontes.blogspot.com

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Temas que se tratarán:

  • Lexislación actual aplicable.
  • Normas de prevención.
  • Fichas e plans.

Practicaranse:

  • As técnicas de trepa e se é posible a retirada dalgún avespeiro.
  • Medidas de rescate aéreo e de primeiros auxilios que permitan socorrer a un compañeiro accidentado ou nunha situación de emerxencia.

A formación ou intercambio de coñecementos desta xornada, de NINGÚN MODO, pode substituír os plans de prevención de riscos laborais (e normas técnicas asociadas), senón que o seu obxectivo é o de lembrar os artigos se deben ter en conta cando se afronta a planificación dos traballos de retirada de avespeiros trepando aos arbores.

XUSTIFICACIÓN DA TÉCNICA DE TREPA EN TABALLOS RETIRADA DE AVESPEIROS EN ARBORES.

No ano 2014 foron moitos os apicultores, da Mariña de lucense e norte da provincia da Coruña que sufriron ataques de vespas velutinas nas súas alvarizas. Os apicultores unha vez que localizaron avespeiros de vespas velutinas , cando estaban accesibles e se podían retirar sen risco, retiráronos eles e os que non estaban accesibles chamarón por telefono o 012, para solicitar axuda tal e como establece o "Programa de vixilancia e control da vespa velutina Galicia2014 Rv01" editado pola Xunta de Galicia.

Para moitos apicultores a axuda solicitada non chegou e entón eles mesmos ou axudados por persoas voluntarias retiraronos, incluso sen avaliar ben os riscos para súa seguridade e saúde.

Na actualidade hai lexislación que cubre distintos aspectos relativos a seguridade nos traballos de altura nos árbores e que orienta sobre as medidas preventivas a adoptar no uso de técnicas de acceso e posicionamento de traballo con cordas así como de uso de determinados EPI. A Directiva 45/2001/CE que foi incorporada a normativa do Reino de España mediante o REAL DECRETO 2177/2004 establece que: "A utilización das técnicas de acceso e de posicionamento mediante cordas limitarase a circunstancias nas cales a avaliación do risco indique que o traballo se pode executar de maneira segura e nas cales, ademais, a utilización doutro equipamento de traballo máis seguro non estea xustificada".

Polo tanto é necesario avaliar o risco e xustificar o emprego desta técnica. Non sempre e posible utilizar equipos de traballo estáticos (escadas, estadas...) ou dinámicos como pode ser unha plataforma elevadora ou outros medio de elevación (cestas, guindastres....) para acceder os avespeiros.

A Asociación Casa do Mel de Goente albiscando esta situación de moitos dos seus socios, organiza o próximo dia 30 de maio unha xornada técnica e de intercambio de coñecementos en colaboración co medico do SERGAS Carlos Piñeiro Diaz o Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo e dúas persoas que desenvolven a súa actividade profesional empregando estas técnicas de trepa mediante cordas membros da Asociacion Galega de Arboricultura .

As persoas que queiran participar na xornada de trepa para retirada de avespeiros en arbores mediante a técnica de trepa e aconsellable que se encontren nun bo estado de físico e que nas revisións periódicas da súa saúde poidan xustificar que están aptos para realizar traballos en alturas ou que non presentan limitacións fisicas e que non sexan alerxicos as picaduras destes himenópteros; deben estar familiarizados co comportamento das vespas velutinas e os EPI necesarios para protexerse da súas picaduras ademais dos EPI necesarios para traballos en alturas; reunir uns coñecementos mínimos de bioloxia, botanica e fisioloxia dos arbores e poder evaluar visualmente a establidade do arbore.


Voltar