+ 34 981 508 142

Xornada da Abella en Bravos (Ourol - Lugo)

A asociación Aturuxeiros de Bravos en colaboración coa Casa do Mel de Goente organizan o vindeiro día 13 de decembro unha "Xornada da Abella en Bravos" no local social de Bravos, en Ourol (Lugo).

A organización deste evento ten como finalidade básica a de achegar este fascinante mundo a todo aquél ou aqueles que estén interesados en coñecelo (grandes, pequenos, asociacións, concellos, colexios etc.) ó tempo que queremos que sirva de canle ou punto de información para dar a coñecer e tratar de concienciar sobre a enorme problemática que está a supoñer o cada vez máis inquedante espallamento da coñecida como "vespa asiática" (Vespa Velutina) polos montes da nosa comarca e de Galicia en xeral.

Programa:

- 17.00h -> TALLER DE CERA
- 19.00h -> CONFERENCIA "As abellas e os seus productos"
- 20.00h -> CHARLA-COLOQUIO "A vespa asiática e o seu impacto" + EXHIBICIÓN DUN DRONE. 

Ó remate obsequiarase ós asistentes cunha pequena cata de mel e productos ecolóxicos.


Voltar