+ 34 981 508 142

Xornadas Stop Velutina no Xardín Botánico de Xixón

O obxectivo destas xornadas, que terán lugar no Xardín Botánico de Xixón do 23 ó 26 de marzo, é divulgar e concienciar á sociedade e ás súas institucións dos riscos que supón a chegada e expansión do tártago asiático na cornisa Cantábrica. 

AGA participará cunha conferencia titulada "Vespa velutina: unha expansión con consecuencias para todos e todas", que impartirá Xesús Asorey e a asesora xurídica de AGA Laura García.

As xornadas están organizadas por CODACC, ADAPAS e FAPI. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O tártago asiático Vespa velutina ssp. nigrithorax., é un himenóptero orixinario do sureste asiático cuxo comportamento invasor provocou a súa inclusión no Catálogo español de especies exóticas invasoras. Desde a súa chegada accidental a Francia en 2004 e trala súa primeira detección en España (País Vasco) en 2010, a bondade climática da cornisa cantábrica favoreceu a súa rápida expansión por este territorio.

Os riscos asociados á súa imparable expansión apuntan á urxente necesidade de establecer un marco de acción coordinado entre todos os axentes implicados, e de manter á sociedade debidamente informada. Estes riscos conlevan un forte impacto ambiental, derivado do desequilibrio poboacional que provoca en moitos insectos autóctonos (abellas e outros polinizadores) dos que se alimenta, dada á súa grande voracidade. Ademais, xa se constataron graves prexuízos económicos directos, no sector apícola (causando a morte de moitas colmeas) e frutícola (danando colleitas de uva, mazá, etc.), e tamén na agricultura, pois unha menor polinización redunda na menor produción e perda de calidade de moitas colleitas. A todo isto súmanse os problemas de seguridade cidadá, afectada por picaduras e procesos alérxicos, ao colonizar a especie zonas urbanas e periurbanas, localizando os seus niños en árbores de parques, colexios, etc.

O obxectivo destas xornadas é, polo tanto, divulgar e concienciar á sociedade e ás súas institucións dos riscos que supón a chegada e expansión do tártago asiático na cornisa Cantábrica. 

PROGRAMA

EXPOSICIÓN Stop Vespa velutina

Un total de 12 paneis ilustrarannos sobre as características da Vespa velutina e a súa problemática: cales son os trazos morfolóxicos que a diferencian doutras avespas autóctonas?, cal é a clave da súa rápida expansión?, existen estratexias de control efectivas?. A exposición, ademais, dedica varios apartados aos principais impactos ambientais, económicos e sociais derivados da súa rápida expansión. 

Xoves 23 e venres 24 de marzo, de 10 a 12 horas

ACTIVIDADE GRATUITA PARA ESCOLARES de Primaria e Secundaria "Xaque á raíña de avispa asiática"

Un percorrido guiado polo Xardín, visitando os brezos, as plantas aromáticas e melíferas e a aula A Colmea Viaxeira, permitiranos recoñecer algúns dos insectos polinizadores imprescindibles na produción de froitos. A labor dos polinizadores é vital na reprodución das plantas e na nosa propia supervivencia, pero ¡atención!, corren perigo. Entre as súas ameazas destacaremos a expansión do tártago asiático, un voraz depredador que coñeceremos a fondo visitando a exposición Stop Vespa velutina. O noso obxectivo: facer "Xaque á Raíña da avispa asiática", para frear a súa expansión.

Aforo limitado: 2 grupos de máximo 30 participantes cada un (alumnos profesores), cada día. 
Para favorecer a participación de centros educativos, limitarase a inscripción a 2 grupos máximo por centro.
Inscripciones no T. 985 185 130

Sábado 25 marzo: ASEMBLEA XERAL de CODACC (10.30 h: primeira convocatoria; 11 h: segunda convocatoria)

Sábado 25 e domingo 26 de marzo, de 12 a 14 horas

OBRADOIRO INFANTIL SOS un mundo sen abellas (6 a 12 anos)

Descobre o importantes que son as abellas e outros tantos polinizadores para a conservación da nosa contorna e para a nosa propia supervivencia visitando a nosa Colmea de observación; veremos como se organizan, coñeceremos todos os produtos que nos ofrecen e participaremos nunha cata de meles e polen. A través dun divertido xogo de rol e dun hilorama coñeceremos o perigo que supón para as abellas e os cultivos a expansión do tártago asiático e finalizaremos creando o noso propio hilorama de abella para levarnos a casa.
Imparte: Taxus. Xestión Ambiental, Ecología e Calidade
Prezo: 6 € (15% de desconto para socios do Club dos Miruéndanos).
Aforo limitado. Inscripcións en Taquilla do Botánico e en www.jbagijon.com

Sábado 25 e domingo 26 de marzo, ás 12 e ás 16 horas

VISITAS GUIADAS

A través dun percorrido polas coleccións do Xardín e a visita ao Aula de Polinización A Colmea Viaxeira, poderemos recoñecer algúns insectos polinizadores e entender a súa importante labor na reprodución das plantas, o equilibrio dos ecosistemas e a nosa propia supervivencia. Pero estes insectos sofren ameazas como a da recente expansión da avespa invasora Vespa velutina. Completaremos o percorrido na exposición STOP Vespa velutina, para coñecer os impactos sociais, económicos e ambientais que causa esta invasora, pois unha sociedade informada e sensibilizada é imprescindible para afrontar con éxito estratexias que eviten a súa dispersión.
Actividade gratuita co prezo da entrada ao Botánico
Aforo limitado. Imprescindible inscripción previa no T. 985 185 130

Domingo 26 de marzo, de 10 a 15.00 XORNADA TÉCNICA

Relatorios e Mesa Redonda dirixidas a colectivos implicados e público interesado. 

Actividade gratuita. Aforo limitado. Imprescindible inscripción previa no T. 985 185 130 e en www.jbagijon.com

Programa
10.00 h.: Inauguración
10.15 h.: Relatorio "O que supón a chegada de Vespa velutina. Disposición da Administración para a súa loita e control en Galicia", Suso Asorey (Biólogo, Secretario técnico e Portavoz de AGA, Asociación Galega de Apicultores) e Laura Garcia Sáez (Asesora xurídica de AGA).
10.35 h.: Relatorio "O que supón a chegada de Vespa velutina. Disposición da Administración para a súa loita e control no País Vasco", J. Luís Rodríguez Basagoiti (Apicultor profesional e expresidente da Asociación de apicultores BAMEPE, Vizcaya).
10.55 h.: Relatorio "O que supón a chegada de Vespa velutina. Disposición da Administración para a súa loita e control en Cantabria", Carlos Valcuende (Presidente de CODACC-Confederación en defensa da abeja na cornisa Cantábrica).
11.15 h.: Relatorio "Estudo da efectividad dos troyanos como control da avispa asiática", J. Luís Rodríguez Basagoiti.
11.45 h.: PAUSA-CAFÉ
12.15 h.: Relatorio "Avespas, a súa diferenza, comportamento e métodos de control", Lolo Andrade (Investigador experto en insectos e membro de Protección Civil).
13.45 h.: MESA REDONDA, con todos os ponentes e outros representantes de Galicia, País Vasco, Cantabria, FAPI e ADAPAS. Moderador: Félix Mejica (Vicepresidente de ADAPAS). 
Nota: as quendas de rogos e preguntas dos relatorios trasladaranse á Mesa Redonda

Domingo 26 de marzo, ás 12.30 horas

CONFERENCIA Vespa velutina: unha expansión con consecuencias para todos e todas

Imparte: Suso Asorey (Biólogo, Secretario técnico e Portavoz de AGA, Asociación Galega de Apicultores) e Laura Garcia Sáez (Asesora xurídica de AGA).
Lugar: Sala de Audiovisuais
Actividade gratuita. Entrada libre ata completar o aforo da sala.

Apertura de inscripcións: venres 10 de marzo ás 10 horas


Voltar