+ 34 981 508 142

Selección e mellora en apicultura / Reproducción apícola e cría de raíñas

Organiza: AGA e Abella Meiga
Datas: 25 e 26 de abril e 13 e 14 de xuño de 2015
Lugar: Outeiro de Rei (Lugo)
Prezo: Varios
   

Imparten: Marcos Varela e Jara Varela (Abella Meiga). 

 

SELECCIÓN E MELLORA EN APICULTURA

Obxectivo: Aprender a mellorar as nosas abellas e ofrecer as bases para elaborar programas prácticos de selección xenética.

Programa: Xenética apícola. Apis mellifera iberiensis. Selección. Apareamentos. Programas de mellora.

Data e horario: 1 día completo, 14 de xuño (teoría e práctica). De 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:00.

Número de participantes: 15 como máximo.

Prezo: 30 € incluíndo o resumo do curso en formato dixital.

Só para socios e socias de AGA.

 

REPRODUCIÓN APÍCOLA E CRÍA DE RAÍÑAS

Obxectivo: Conxugar ensinanzas teóricas e prácticas para acadar un mínimo dominio nas técnicas básicas de reprodución e cría de raíñas.

Programa:Bioloxía e calendarios. Enxamía. Reprodución controlada. Formación de núcleos. Obtención de raíñas. Colonias criadoras. Métodos de cría. Manexo complementario.

Datas e horario:  25 e 26 de abril (teoría) e 13 xuño (práctica). De 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:00.

Aforo de participantes: 15 como máximo.

Prezo: 60 € incluíndo unha raíña virxe e o resumo do curso en formato dixital.

Só para socios e socias de AGA.

 

INSCRICIÓNS

Poñerse en contacto con AGA por mail aga@queixoemel.org ou por teléfono 981 508 142 para facilitar nome, apelidos, email e teléfono, o curso no que se quere inscribir e enviar o xustificante ou, se non é posible, indicar a data de pago e levar o xustificante ó curso. Só pode participar unha persoa por asociado.

O pago deberá facerse  por medio de transferencia á conta de AGA en ABANCA nº ES02 2080 0348 38 3000018210 indicando no concepto o nome da persoa que fará o curso e o lugar do mesmo. Tamén se pode facer en efectivo na sede de AGA.

A data límite para inscribirse e facer o pago é o 20 de abril para o curso de reproducción apícola e o 8 de xuño para o de selección e mellora.

 

 


Documentación:


Voltar