+ 34 981 508 142

Reprodución e multiplicación do apiario

Organiza: Apilarouco
Datas: 30 e 31 de maio de 2015
Lugar: Centro de Interpretación dos Castros - Cualedro (Ourense)
Prezo: 25 €
   

Imparte: Apilarouco (Cualedro - Ourense)

Programa: 

1. -Datos xerais a ter en conta: Climatoloxía. Estado da colmea. Manipulación. Alimentación (Pros e contras, variedades e mezclas). Estimulación. Desbloqueo. Organización dentro da colmea

2. -Ciclo de vida das abellas: Identificación dos distintos estados larvarios (teoría e práctica). Manipulación de realeras

3. -Métodos de división de colmeas: División en distinto colmear. División no mesmo colmear. Pros e contras da división con excluidor (debate)

4. -Creación de núcleos: Introducción de conceptos (fortaleza da colmea, climatoloxía, época do ano, importancia do núcleo forte). División en abanico. División en línea. Ordeñado da colmena e creación de paquetes de abellas. Inxerto de realera. Introducción de raíña. Obtención de xelea real.

5.- Introducción á creación de raíñas: Raíñas mediante Cupularve. Raíñas mediante traslarve. Raíñas mediante aproveitamento de realeras naturas e realeras de emerxencia.

6. -Creación de súper colmeas: Colmea vertical. Colmea horizontal (caixón de morto). Doble enxame.

7. -Introducción ó mini núcleo ou núcleo Baby: Pros e contras. Distintos modelos. Utilidades. Reciclado do mini núcleo

Lugar: Local Asociación de Veciños de Lucenza - Cualedro (Ourense)

Datas: 30 e 31 de maio do 2015 (se o tempo o permite, se non trasladaríase para o 13 e 14 de xuño). 

Horarios: De 10:30h a 13:30h teoría e de 16:00h a 18:30h/19:00h práctica (fin da xornada dependendo da práctica).

Aforo de participantes: Máximo 25

Prezo: 25 €

Destinatarios/as: Socios/as de AGA

Inscricións: Poñerse en contacto con AGA por mail aga@queixoemel.org ou por teléfono 981 508 142 para facilitar nome, apelidos, email e teléfono, o curso no que se quere inscribir e enviar o xustificante ou, se non é posible, indicar  a data de pago e levar o xustificante ó curso. Só pode participar unha persoa por asociado.

O pago deberá facerse  por medio de transferencia á conta de AGA en ABANCA nº ES02 2080 0348 38 3000018210 indicando no concepto o nome da persoa que fará o curso e o lugar do curso. Tamén se pode facer en efectivo na sede de AGA.

A data límite para inscribirse e facer o pago é o 25 de maio.

Outra información de interese:

É posible reservar o xantar en Casa do Cruceiro, unha casa rural ubicada en A Xironda. O menú será para un día paella e o outro churrasco, acompañando dun primeiro plato, bebida, pan, postre e café. O prezo será de 12 €. Para reservar deberán avisar no momento da inscrición.

Se algún dos asistentes desexa pasar a noite do sábado na zona pode facelo tamén nesta mesma casa rural. O prezo é de 20 € por noite e habitación. Tamén se pode reservar no momento da inscrición. 

Os asistentes deberán traer traxe de apicultura e espátula ou levantacadros, tanto o sábado coma o domingo para a realización das prácticas.

Mais información:
Apilarouco Tel.: +34 665 820 171 (Jose) / Email: apilarouco@outlook.es
AGA Tel. 981 508 142 / Email aga@queixoemel.org

 

 


Documentación:


Voltar