+ 34 981 508 142

CURSOS CASA DO MEL - DAGA EUME 2017

Organiza: Casa do Mel - DAGA Eume
Datas: Maio e xuño 2017
Lugar: Casa do Mel - Goente (As Pontes)
Prezo: Varios
   

- Iniciación á apicultura

Programa: Bioloxía do enxame. O apicultor. A colmea / Instalación do apiario. Flora melífera. Reprodución do enxame / Saúde das abellas: Vespa velutina, varroa, podremia ou loque / Produtos das abellas.: mel, pole, própole, xelea, cera. Colleita e comercialización.
Duración: 20 h teórico-prácticas.

- Colleita, limpeza e envasado de pole

Programa: Características do pole / Flora para colleita de pole / Perspectivas para o mercado do pole / Métodos de conservación e envasado / Preparación dos cazapoles e limpeza. Colocación do cazapole / Colleita de pole . Secado do pole / Método de conxelación.
Duración: 10 h teórico-prácticas.

- Cría de raíñas e extracción de xelea real

Obxectivos: Subministrar os coñecementos suficientes aos apicultores sobre a selección de abellas e técnicas de reprodución co fin de mellorar a nosa cabana apícola.
Duración: 20 h teórico-prácticas.

- Calidade do mel. Analises, fisico-químicos e polínicos do mel.

Duración: 10 h teórico-prácticas.

Lugar, datas e prezos

Todos os cursos serán na Casa do Mel-Goente (As Pontes) impartidos por técnicos de esta casa. As datas nos meses de maío e xuño, seranlles comunicadas ás persoas inscritas. Para información de prezos consultar na delegación (Tel. 661 003 616 - email.-casadomel@vodafone.es ).


Documentación:


Voltar