+ 34 981 508 142

CURSOS DAGA FERROLTERRA 2017

Organiza: DAGA Ferrolterra
Datas: De maio a outubro de 2017
Lugar: Comarca de Ferrolterra
Prezo: Varios
   

Como tódolos anos desenrolamos actividades diversas, incluindo dous cursos formativos que sirven tanto para introducirse no abraiante mundo das abellas, como para optimizar a metodoloxía de traballo, e consecuintemente  mellorar a relación de colaboración e respeto que debemos manter coas nosas amigas as abellas.

Estes cursos e actividades serán impartidos polo equipo técnico da delegación.

 

Prácticas de perfeccionamiento no entendemento das costumes das abellas e optimización da nosa relación con elas

Para unha boa colaboración e disfrutar durante largos anos coas abellas o fundamental é ter un mínimo coñecemento da súa organización e súas costumes. Debemos de ser capaces de velas e tratalas como o que realmente son amigas e colaboradoras e non como uns meros seres productivos.

Aínda que xa teñamos moita experiencia coas abellas sempre hai pequenos matices que axudarán a mellorar o noso bo facer e as relacións de intercambio con elas. Cara unha relación máis xusta e respetuosa, trocando coidados polos seus excedentes.

Entre os meses de abril e outubro cando realizamos saídas de traballo aos colmeares xeralmente iremos acompañados de abelleiros interesados en optimizar as súas técnicas de traballo. Esta actividade realizarase xeralmente durante as mañás dos domingos e cando a bondade do tempo o permita. Actividade de balde para os socios/as de AGA e os veciños/as dos concellos cos que mantemos convenio de colaboración.

 

Obradoiro de xabóns do apicultor

Hoxe en día encontrámonos saturados de ingredintes sintéticos na cosmética convencional e na maioría dos xabóns que nos encontramos no mercado, polo que  cada día son máis os que valoran "o natural". Pouco a pouco estase tendo máis conciencia dos beneficios que poseen os xabóns naturais frente aos industriais. A  principal diferenza, entre uns e outros, radica no proceso de fabricación dos xabóns naturais, xa que se utilizan únicamente ingredintes  vexetais  moi beneficiosos para a saúde de nosa pel ao posuir multitude de propiedades terapéuticas, que non conteñen a maior parte dos xabóns convencionais, ademáis si se conxugan coas técnicas de elaboración artesanais de antaño e os productos da colmea o beneficio é aún maior.   

A duración do obradoiro é de 4 horas. A desenvolver nunha maña de sábado cando se xunte o cupo de 20 persoas. Entregaranse mostras dos xabóns elaborados e os apuntes do curso en formato dixital.

Prezo por asistente.- 15 € para membro da delegación e 30 € para os outros participantes.

Achégate a Ferrolterra e aprende con nós a facer xabóns naturais de mel, propóleo e pole.

 

Curso teórico/práctico do procesado da cera

Unha das boas prácticas para a saúde das abellas e o bo  rendemento das colmeas, é a renovación periódica da cera, os panais vellos non son convintes. Ademáis, a súa utilización no mundo da cosmética incrementou moito o seu prezo, e a utilización indiscriminada de fármacos acumúlanse polo que mercar calquera cera non é bo. Os abelleiros temos que aproveitar e reciclar a nosa propia cera. Temos útiles sinxelos cos que reciclar e laminar a nosa propia cera. Neste taller aprenderedes:

•As propiedades da cera.

•O proceso de reciclado. A fundir con caldeira de vapor ou cerificador solar.

•O processo de laminado.

A duración do obradoiro é de 4 horas. A desenvolver nunha mañá de sábado cando se xunte o cupo de 20 persoas. Entregaranse apuntes en formato dixital.

Prezo por asistente.- 15 € para membro da delegación e 30 € para os outros participantes.

 

Obradoiro de técnicas de control da Vespa velutina

A nosa labor de pastores de abellas obríganos a velar polas abellas, xa que como o bon pastor defende seú rebaño do lobo, temos a obriga de coidalas e protexelas.

A falta de resultados das investigacións oficiais os abelleiros temos que buscar solucións a esta terrible praga da velutina. Esta situación e actuación non é nada novidosa xa que ao longo da nosa recente historia desgrazadamente xa nos tocou facelo coa varroa.

Actualmente temos mecanismos que ben desevoltos nos axudarán moito, como mínimo a manter vivas as colonias a espera dos resultados das investigacións oficiais que están desenvolvendo nas nosas universidades, en Portugal e Francia.

Neste obradoiro centrarémosnos en métodos de protección das colmeas. Veremos trampas de gran formato con varios atraentes (proteína e glúcidos), varios dispositivos eléctricos de protección e algunha cousa mais.

A duración do obradoiro é de 6 horas teórico/prácticas. A desenvolver nunha maña de sábado ou domingo cando se xunte o cupo de 20 persoas.

Entregaranse apuntes en formato dixital.

Prezo por asistente.- Actividade formativa de balde.

 

Curso de iniciación "Técnicas de apicultura natural sostible

Data de inicio: 6 de maio.

Impartirase en Narón, no local Social AVV de Sedes.

Obxetivo.-Tras varios anos de experiencia, e polos resultados positivos obtidos, seguimos coa opción de facer un curso longo e completo onde os participantes finalicen coñecendo as costumes das abellas; sabendo relacionarse e colaborar con elas e poder levar de xeito natural un colmear.

Formar aos novos pastores de abellas para que ao final do curso sexan capaces de levar axeitadamente un colmear familiar. A filosofia do curso baséase no respeto á abella -as abellas como amigas e colaboradoras- polo vital traballo medioambiental que desempeñan e os valiosos productos que tan xenerosamente nos ofrecen.

O curso pretende armonizar de xeito natural a relación entre as abellas e o seu pastor na búsqueda dunha colaboración xusta de intercambio e non de explotación, trocar os seus productos por atención e coidados.

Duración.- Trátase dun curso teórico/práctico moi completo de 60 horas, para practicar todas as tarefas requeridas na actividade apícola durante toda a campaña. O curso iníciase en abril e remata en setembro/outubro coa esmelgada e preparación da invernada.

O curso teóricamente dura  60 horas (20 horas de teoría + 40 de prácticas) aínda que na práctica son máis xa  que dado o elevado número de participantes (tódolos anos entre 30 e 40) e para obter un mellor rendemento formativo moitas sesións prácticas son desdobladas facéndose ao menos dous grupos independentes.

Ubicación e medios.- A parte teórica no Local Social da AVV Sedes (Narón), e as prácticas nos tres Colmeares Didácticos Municipais (Sedes/Naron, A Cortiña/San Sadurniño e Esmelle/Ferrol) cos que conta a Delegación Ferrolterra de AGA. Os medios técnicos e humanos son facilitados pola Delegación Ferrolterra de AGA.

Programa do curso:

Importancia das abellas.- Ciclo biolóxico das abellas; o enxame; colmeas, partes da colmea; o panal; os abelleiros: equipo e utensilios; manexo do afumador e instalación do apiário (normativa vixente). Prácticas: visitas a varios colmeares, distinción de individuos, posta e inspección xeral de colmeas.

Reproducción do apiario.- Os individuos da colmea; nocións de selección; multiplicación do apiario: recollida de enxames, formación de núcleos; colocación e control de alzas para a colleita de mel e calendario de traballos. Prácticas. Visitas a apiarios e prácticas de selección, reproducción e mantemento do espacio.

Saúde das abellas.- A saúde das abellas e o medio ambiente; sanidade apícola: principais parásitos que afectan ás abellas (varroa, loque, vespa velutina. Prevención de doenzas; enfermidades da cria; enfermidades dos adultos; control de enfermidades e desinfección. Prácticas: Visita a apiarios e identificación e control de doenzas.

Elaboración e comercialización de productos apícolas.- A invernada; a esmelga: local de extración do mel; equipamento do local; extracción; decantación; envasado e etiquetado do mel. Os distintos productos das abellas: calidades e cualidades. A cera, reciclado; a súa influencia na saúde das abellas e na calidade do mel. Comercialización asociativa e cooperativa e Producción Primaria. Prácticas: Visita a un local de extracción e procesado de mel.

Datas e horario: Inicio o 6 de maio. Horario: De 10:00 a 14:00 horas. O resto das sesións formativas teórico/prácticas a determinar en función das condicións metereolóxicas. O curso iníciase en maio e se extende ata finais de setembro.

Duración aprox: 60 horas.

Aforo participantes: Sen límite. Para obter un mellor rendemento formativo moitas sesións prácticas serán desdobladas facéndose grupos.

Monitoraxe: Equipo técnico da Asociación Galega de Apicultura "AGA" (Delegación Ferrolterra).

Prezo: 50 € incluindo o resumo do curso en formato dixital. Gratis para os socios de AGA e os veciños dos concellos colaboradores da DAGA Ferrolterra.

 

Curso de "Reproducción apícola básica".

Datas: A teoría 13 e 27 de maio de 2017, de 10 a 13:30 h. As prácticas a determinar en función das condicións metereolóxicas.

Lugar: Local da Mocidade de San Sadurniño

Duración: 16 horas.

Obxectivos do curso:

1.- Acadar os coñecementos básicos teorico-prácticos sobre a cría e selección das raiñas e así mellorar a xenética das nosas abellas.

2.- Acadar un mínimo dominio nas técnicas básicas de reprodución do colmear.

Conxugando ambas técnicas obteremos un importante avance técnico e consecuentemente unha mellora importante na rentabilidade da explotación.

Programa: Bioloxía dos individuos; enxamía natural e reprodución controlada; tipos de multiplicación de colmeas (divisións e formación de núcleos); tipos de raiñas e súa cria en pequena cantidade.

Aforo participantes: 20 como máximo.

Monitoraxe: Equipo técnico da Asociación Galega de Apicultura "AGA" (Delegación Ferrolterra).

Prezo: 50 € incluindo o resumo do curso en formato dixital. 20 € para os membros de AGA e veciños dos concellos colaboradores da DAGA Ferrolterra.

Para inscricións ou información: dagaferrol@hotmail.com e tel. 661 378 960
 


Documentación:


Voltar