+ 34 981 508 142

CURSOS DE ESPECIALIZACIÓN AGA 2016: Reprodución apícola, cría de raíñas e produción ecolóxica de mel e pole

Organiza: Asociación Galega de Apicultura
Datas: Primavera 2016
Lugar: Varios - Galicia
Prezo: Varios
   

O programa de formación de AGA no 2016 inclúe 3 cursos de especialización sobre: reprodución apícola, cría de raíñas e produción ecolóxica de mel e pole.

Só para socios/as e de pago. É preciso ter formación apícola previa.

 

1. Reprodución apícola, cría de raíñas e selección

Docentes: Marcos Varela e Jara Varela de Abella Meiga.

Lugar: Outeiro de Rei (Lugo)

1a. Reprodución apícola e cría de raíñas

Datas e horario: 30 de abril e 1 de maio (teoría), 18 de xuño (práctica). De 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:00.

Obxectivo: Conxugar ensinanzas teóricas e prácticas para acadar un mínimo dominio nas técnicas básicas de reprodución e cría de raíñas.

Programa: Bioloxía e calendarios. Enxamía. Reprodución controlada. Formación de núcleos. Obtención de raíñas. Colonias criadoras. Métodos de cría. Manexo complementario.

Número de participantes: 15 como máximo.

Prezo: 70 € incluíndo unha raíña virxe e o resumo do curso en formato dixital.

1b. Selección e mellora en apicultura

Data e horario: 19 de xuño (teoría e práctica). De 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:00.

Obxectivo: Aprender a mellorar as nosas abellas e ofrecer as bases para elaborar programas prácticos de selección xenética.

Programa: Xenética apícola. Apis m. iberiensis. Selección. Apareamentos. Programas de mellora.

Número de participantes: 15 como máximo.

Prezo: 40 € incluíndo o resumo do curso en formato dixital.

 

2. Reprodución e multiplicación do apiario. Apilarouco

Docentes : Apilarouco.

Lugar: "Centro de Interpretación dos Castros" ao lado do Cuartel da Garda Civil, Cualedro

Datas e horario: 11 e 12 de xuño, de 10:30 a 13:30 h e de 16 a 19 h.

Nº de participantes : 25 máximo

Prezo: 45 €

Programa :

a. Datos xerais a ter en conta.
Climatoloxía. Estado da colmea
Manipulación : Alimentación (primavera), pros e contras, variedades e mezclas, azúcar invertido. Estimulación –Apimida. Desbloqueo. Organización dentro da colmea

b. Ciclo de vida das abellas         
Identificación dos distintos estados larvarios (teoría e práctica). Manipulación de realeras

c. Métodos de división de colmeas
División en distinto colmear. División no mesmo colmear. Pros e contras da división con excluidor (debate)

d. Creación de núcleos.
Introdución de conceptos (fortaleza da colmea, climatoloxía, época do ano, importancia do núcleo forte). División en abanico. División en línea. Ordeñado da colmea e creación de paquetes de abellas. Enxerto de realera. Introdución de raíña

e. Creación de súper colmeas
Colmea vertical. Colmea horizontal (caixón de morto). Doble enxame 

f. Introducción ó mini núcleo ou núcleo Baby
Pros e contras. Distintos modelos. Utilidades. Reciclado do mini núcleo

Contacto : José Bailón Martínez. Tel. 665 820 171 Email jose.bailon@edu.xunta.es

 

3. Produción e comercialización ecolóxica de mel e pole.

Docentes : Perfecto García, Manuel García e Paco García.

Lugar : Museo do Xoguete. Rúa do Portelo. Allariz

Datas e horario : 2 e 3 de xullo, de 11 a 14 e de 16 a 19 h.

Nº participantes : mínimo 15 e máximo 25 participantes.

Prezo : 50 €

Programa:

1. Apicultura ecolóxica: principios xerais, situación actual e normativa. 

2. Asentamentos e flora apícola axeitados para a práctica da apicultura ecolóxica.

3. Manexo xeral en apicultura ecolóxica: coidado da colonia, anovación de ceras, selección, división, colocación de alzas e colleita.

4. Produción de pole: preparación colmea para colleita de pole, tipos de cazapole, colocación, procesado do pole. Visita colmear en produción ecolóxica. Prácticas: colocación do cazapole, identificación de colmeas máis apropiadas, recollida do pole e procesado. Secador de pole, limpiadora, etc.

5. Produción ecolóxica de mel. Visita a colmeares en produción ecolóxica.

6. Prevención e xestión de doenzas en apicultura ecolóxica. Métodos e tratamentos ecolóxicos de control da varroa.

Nº participantes : mínimo 15 e máximo 25 participantes.

Prezo : 50 €

 

Inscricións

Indicar nome, NIF, email e teléfono por email a info@apiculturagalega.es ou tel/fax 981 589 534 e 981 508 142. Realizar o ingreso no nº de conta ES02 2080 0348 38 3000018210, indicando nome e lugar do curso no concepto e enviar o xustificante a AGA xunto cos datos do participante por email ou tel./fax.

Data límite inscricións: 1 semana antes do curso


Documentación:


Voltar