+ 34 981 508 142

CURSOS DE INICIACIÓN AGA 2016

Organiza: Asociación Galega de Apicultura
Datas: Primavera 2016
Lugar: Varios - Galicia
Prezo: 50 € / Gratuito para socios e socias de AGA
   

AGA organiza para esta primavera un programa de formación que inclúe  14 cursos de iniciación á apicultura que terán lugar en diferentes puntos de Galicia. Serán de 12 horas de duración, cunha parte teórica e outra práctica. Coa participación no curso entregarase a publicación "Curso de apicultura".

 

Lugar, datas e horario

1. Gondomar. Centro Neural. 8, 9 e 10 de abril. *

2. Mondariz. Centro Social de Mondariz (enfrente da igrexa), 16 e 17 de abril. 

3. Meis. Centros Multiusos o Mosteiro, 23 e 24 de abril. 

4. O Corgo. Local de Veciños de Pedrafita. 23 e 24 de abril. **

5. Abegondo. Casa das Abellas, 23 e 30 abril. 

6. Cualedro. Centro de Interpretación dos Castros (ao lado do Cuartel da Garda Civil), 30 de abril e 1 de maio. 

7. Moaña. Casa da Mocidade (Barrio do Rosal). 30 de abril e 1 de maio. ***

8. Amoeiro. Fundación Otero Pedrayo, Trasalba. 7 e 8 de maio. 

9. Courel. Estación Científica do Courel, Seoane. 14 e 15 de maio. 

10. Muiños.  Edificio Porta do Xurés. Complexo Turístico O Corgo. 21 e 22 de maio. 

11. Santiago de Compostela. CIAC - Belvís e Casa das Abellas (Abegondo). 22 e 28 de maio.

12. Arzúa.  Centro do Queixo e do Mel e Casa das Abellas (Abegondo). 11 e 18 de xuño.

13. Monforte. Pazo de Tor, 18 e 19 de xuño. 

14. Noia. Edif. Administrativo Espíritu Santo, 2 e 3 de xullo. 

 

Horario xeral : De 11 a 14 e de 16 a 19 h.

   * Gondomar : Venres de 17 a 20 h., sábado de 11 a  14 e de 16 a 18 h. e domingo de 11 a 14 h.
   ** O Corgo : Sábado de 10:30 a 14:00 e 16:00 a 19:00, domingo de 10:30 a 14:00 e 16:00 a 18:00
   *** Moaña: Sábado de 10 a 14 e de 16 a 20 h. e domingo de 10 a 14 h.

 

Programa 

1. Introducción

Reprodución das plantas con flor. Polinización

A apicultura, unha actividade multifuncional: produtos apícolas, biodiversidade. Produción de alimentos

Da flor a mesa. Historia dunha pinga de mel

Produción apícola:  Potencial melífero do entorno. Nivel de toxicidade. Forza das colónias. Condicións climáticas

2. As abellas e a colmea

Individuos da colmea: Raiña, obreiras, zánganos

Ciclo biolóxico das abellas. Morfoloxía da abella

Os oficios das abellas. Comunicación das abellas

As colmeas. Tipos de colmeas. Partes da colmea

Manexo da colmea ao longo do ano. Materiais e utensilos do apicultor. O afumador

3. O apiario

O apiario. Asentamento do apiario. Factores a ter en conta

Lexislación, distancias.

Reprodución das colmeas. Métodos de reproducción

Calendario do apicultor

4. Sanidade apícola

Concepto de sanidade apícola. Prevención de doenzas das abellas. Factores  que condicionan a saúde das abellas

Principais enfermedades e enemigos das abellas: Loque americana, varroa, Vespa velutina. Control e tramentos. Desinfección de materiais e equipos

Alimentación suplementaria das abellas. Necesidades alimenticias. Tipos de alimentadores. Épocas do ano

Axudas do PLAN APICOLA anual

5. Produtos das abellas.

Composición e usos de cada un. Produción de mel, pole, própole, cera…

A esmelga. Procesado dos produtos apícolas

Meles monoflorais. IXP-Mel de Galicia. Produción ecolóxica. Mel crema e derivados

Comercialización e prezos;  a granel,cooperativismo, individual…

Produción primaria: Mel das miñas colmeas

6. Guía de boas prácticas apícolas

7.  Visita e prácticas no apiario (é preciso ter traxe apícola)

 

Prezo e inscricións

Prezo : 50 € /  Socios/as de AGA gratis. Inclúe libro "Curso de Apicultura"

Inscricións : Indicar nome, NIF, email e teléfono por email a info@apiculturagalega.es ou tel/fax 981 589 534 e 981 508 142. No caso de ter que facer o pago, realizar o ingreso no nº de conta ES02 2080 0348 38 3000018210, indicando nome e lugar do curso no concepto e enviar o xustificante a AGA xunto cos datos do participante por email ou tel./fax.

Data límite inscricións: 1 semana antes do curso 

Nº mínimo participantes: 15

 


Documentación:


Voltar