+ 34 981 508 142

Curso Superior de Apicultura Comercial

Organiza: Asociación Galega de Apicultura
Datas: 21, 22 de abril, 5, 6, 19 e 20 de maio de 2018
Lugar: Escola Galega de Apicultura
Prezo: 20€ para socios/as de AGA, 80 € para o resto
   

Este curso é o primeiro que se desenvolverá este ano na Escola Galega de Apicultura, un proxecto formativo con sede en Allariz creado a través dun convenio de colaboración entre a Fundación Ramón González Ferreiro, o Concello de Allariz e AGA.

Obxectivos: Producir e comercializar, organizadamente, produtos das abellas que teñen demanda no mercado e contan cun valor comercial engadido

Dirixido a:

  • Apicultores/as con formación teórica e práctica en apicultura e que queren incrementar os ingresos por esta actividade a partir de producións e innovacións que teñen demanda no marcado.
  • Formar e reciclar a técnicos que se adican ou queiran adicarse a formación apícola.
  • Comercializadores de produtos abelleiros  ou  que queiran adicarse a esta actividade.

Lugar: Fundación Ramón González Ferreiro. Paciños. Allariz

Datas: 21 e 22 de abril, 5, 6, 19 e 20 de maio

Duración: 36 horas (6 días)

Horario: De 11 a 14 e de 16 a 19

Inclúe: Diploma de asistencia e aproveitamento e resumo do curso en formato dixital.

Prezo: 20 € para socios/as de AGA e 80 € para non socios/as. O custe do curso está financiado na súa maior parte por AGA.

Xantar e aloxamento: Albergue da Fundación Ramón González Ferreiro. Prezo: 41 € (pensión completa). Para grupo 20 persoas: 37 €. Solicitar información.

Participantes: Ata cubrir o aforo dispoñible

 

Programa:

21 de abril - PRESENTACIÓN DO CURSO. PRODUCIÓN ECOLÓXICA E COMERCIALIZACIÓN

Ás 10.30 Presentación

Sesión de mañán: Produción ecolóxica

Por Perfeto García, produtor de mel ecolóxico da Limia; Alexandre Cendón de Abella Lupa, produtor de mel ecolóxico; representante do Consello Regulador Agricultura Ecolóxica de Galicia CRAEGA.

Sesión de tarde: Comercialización de produtos ecolóxicos

Por Xosé Manuel Durán, apicultor e xerente da Cesta Saúde; Manuel García, apicultor e socio de Daiquí.

 

22 de abril: PRODUCIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE MEL DE GALICIA E MELES MONOFLORAIS

Sesión de mañán: Produción e comercialización IXP Mel de Galicia.

Por María Fé Sixto, produtora de Mel de Galicia do Valadouro; Xosé Dobarro, produtor de Mel de Galicia de Lalín; representante do Consellor Regulador IXP-Mel de Galicia.

Sesión de tarde: Produción e comercialización de meles monoflorais

Por Xosé Manuel Docampo, apicultor profesional de Vigo; Manuel Macía, apicultor profesional do Courel; Suso Asorey, voceiro de AGA.

 

5 de maio: LEXISLACIÓN E AXUDAS. BOAS PRÁCTICAS. PRODUCIÓN PRIMARIA.

Sesión de mañán: Lexislación e axudas

Por Carlos Ares, técnico de AGACA e Laura García Saez, asesora xurídica de AGA.

Sesión de tarde:

Guía de boas prácticas apícolas. Venda directa de produción primaria. Por Marcos e Jara Varela de Abella Meiga, apicultores profesionais de Outeiro de Rei.

Divulgación apícola: Día Mundial da Abella. Por Paula Souto, técnica de AGA.

 

6 de maio: MELES CREMA E DERIVADOS. TRAZABILIDADE. PRODUCIÓN E COMERCIALIZACIÓN DO POLE

Sesión de mañán: Elaboración meles crema e derivados. Trazabilidade.

Por Gonzalo Calvo Díaz, veterinario de AGA; Amparo Varela, xerente do Enredo do Abelleiro.

Sesión de tarde: Produción e comercialización de pole

Por Francisco García, produtor de pole de Ourense; Francisco Rogao de Macmel, produtor de pole; Suso Asorey, voceiro de AGA.

 

19 de maio: DIFERENTES MODELOS DE COMERCIALIZACIÓN. PROMOCIÓN. PRÁCTICAS

Sesión de mañán: Diferentes modelos de comercialización e promoción

Por Suso Asorey, voceiro de AGA; Carlos Gavian, apicultor e comercial especializado en produtos apícolas de A Coruña; Terra de Preguntas, tenda online; Isabel Sanjurjo, Canal de Comunicación, profesional da comunicación.

Sesión de tarde: Conclusións e prácticas.

Por Suso Asorey e Paula Souto, técnicos (eliminar) de AGA; Bernardo Varela, concellal de Medio Ambiente de Allariz.

 

Día 20 de maio: DÍA MUNDIAL DA ABELLA

Organización e celebración do Día Mundial da Abella en Allariz

 

PRÁCTICAS

Día Mundial das Abellas (20 de maio de 2018)

Participación na Mostra Galega de Apicultura en Arzúa (2 de xuño 2018)

Feira do Mel e concurso de meles monoflorais (outono 2018)

 

INSCRICIÓNS

Data límite: 11 de abril

Cubrir a ficha de inscrición e enviar xunto co xustificante de pagamento


Documentación:

Diptico Curso Superior Apicultura Comercial 2

Diptico Curso Superior Apicultura Comercial 1


Voltar